Sede electrónica Concello de Arteixo

09:05:24 Mércores 16 de outubro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de alta ou baixa no censo municipal de animais de compañía

O  procedemento "Solicitude de alta ou baixa no censo municipal de animais de compañía" pretende regular a identificación e censo dos animais de compañía, segundo o recollido na Ordenanza municipal número 24 publicada no BOP 178 do día 4 de agosto 2004 reguladora da posesión e custodia dos animais de compañía

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade da persoa representante e da persoa interesada coa autorización escrita desa última ou copia de poder para actuar en representación (ver modelo). No caso de presentación online, non é necesario aportar o documento de identidade da persoa que presenta (nin da persoa interesada no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
  • Certificado de implantación de microchip. Copia do certificado acreditativo da implantación dun microchip, no que figure o código identificador no animal, asignado o veterinario ou veterinaria responsable.
  • Documento de compravenda (de ser o caso).

Nome: Solicitude de alta ou baixa no censo municipal de animais de compañía.

Unidade tramitadora: Medio Ambiente.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.