Sede electrónica Concello de Arteixo

03:56:10 Domingo 1 de setembro 2024
Estás en:

Información

Urbanismo

28/09/2020

Aprobación Inicial do Proxecto de Equidistribución da UA-8.

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión Ordinaria celebrada por medios telemáticos o xoves
27 de agosto de 2020, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de equidistribución da UA 8,
asinado polo arquitecto don Ángel Luís Monteoliva Díaz e a avogada dona Blanca Monteoliva
Pereira.
Durante o período de información pública, quedará o expediente a disposición de calquera que
queira examinalo, aos efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se
consideren oportunas.
Dando cumprimento ó citado acordo, publicouse anuncio no Boletín Oficial da Provincia de A
Coruña do día 21 de setembro de 2020.
Aos efectos de dar cumprimento ao artigo 270 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo
que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do suelo de Galicia sométese o
proxecto a información pública polo prazo de UN MES mediante anuncio no Boletín Oficial da
Provincia de A Coruña, e nun xornal dos de maior difusión da provincia, encontrándose
asemade a disposición dos interesados na sede electrónica de este Concello.
Asinado dixitalmente na data do documento electrónico.-

Tempo de exposición: ate o 28 de outubro de 2020.