O procedemento "solicitude de recollida de animais" regula a retirada, por petición da cidadanía, de animais en estado patente de abandono na vía pública.
Persoas físicas e/ou xurídicas que desexen solicitarlle ao Concello a recollida de animais.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude de recollida de animais.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.