Sede electrónica Concello de Arteixo

00:09:06 Domingo 8 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en actividades deportivas

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes (individuais ou de equipos) de inscrición nas diferentes actividades deportivas xestionadas por cada corporación municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Inscrición no Programa de Escolas Deportivas Municipais:

  1. Solicitude de inscrición en actividades deportivas.
  2. Autoliquidación de tasas e prezos públicos modelo 00A.
  3. Documentación solicitada ao cidadán (ao final desta páxina poderá descargarse a información requirida).

Inscrición no Programa de Actividades Deportivas Extraescolares:

  1. Solicitude de inscrición en actividades deportivas.
  2. Autoliquidación de tasas e prezos públicos modelo 039.
  3. Documentación solicitada ao cidadán (ao final desta páxina poderá descargarse a información requirida).

Inscrición en actividades puntuais:

  1. Solicitude de inscrición en actividades deportivas.
  2. Autoliquidación de tasas e prezos públicos modelo 039.
  3. Documentación solicitada ao cidadán: DNI.

Incrición na Liga Municipal de Fútbol Sala:

  1. Solicitude de inscrición en actividades deportivas.
  2. Autoliquidación de tasas e prezos públicos modelo 00A.
  3. Documentación solicitada ao cidadán (ao final desta páxina poderá descargarse a información requirida).

Nome: Solicitude de inscrición en actividades deportivas.

Unidade tramitadora: Deportes.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.