Sede electrónica Concello de Arteixo

06:47:28 Domingo 24 de novembro 2024
Estás en:

Información

Urbanismo

14/05/2021

Acordo aprobación da monetización do aproveitamento correspondente ao Concello na UA 55A.

Pola Xunta de Goberno Local, tras os trámites e informes preceptivos de conformidade coa tramitación regulamentaria, en sesión Ordinaria celebrada por medios telemáticos o xoves 11 de marzo de 2021, adoptouse, entre outros, o ACORDO APROBACIÓN DA MONETIZACIÓN DO APROVEITAMENTO CORRESPONDENTE AO CONCELLO NA UA 55A.

Sométese o ACORDO a información pública por período dun MES mediante:

- Anuncio no xornal el Ideal Gallego do día 17/04/2021.

- Anuncio no DOG nº 85 o día 06/05/2021.

- Atopándose así mesmo ao dispor dos interesados na sede electrónica municipal.

Durante o período de información pública, quedará o expediente ao dispor de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxerencias que se consideren pertinentes.

En Arteixo, asinado dixitalmente polo Concelleiro delegado de Urbanismo e Patrimonio, D. Luís Alberto Castro Calvete no exercicio das competencias que lle foron conferidas na Resolución da Alcaldía nº 1546/2020 de data 10 de xullo do 2020, modificada pola Resolución n.º 3056/2020 de 18 de decembro do mesmo ano.

Para os efectos de dar cumprimento ao artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia, solicítase que se publique o seguinte anuncio na Sede Electrónica e na Páxina Web do Concello de Arteixo .

En Arteixo, asinado dixitalmente polo Concelleiro delegado de Urbanismo e Patrimonio, D. Luís Alberto Castro Calvete no exercicio das competencias que lle foron conferidas na Resolución da Alcaldía nº 1546/2020 de data 10 de xullo do 2020, modificada pola Resolución n.º 3056/2020 do 18 de decembro do mesmo ano.