Sede electrónica Concello de Arteixo

05:55:13 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Información

Urbanismo

23/02/2021

Aprobación inicial do estudo de detalle da zona m da modificación núm. 1 do proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo.

Pola Xunta de Goberno Local, tras os trámites e informes preceptivos de conformidade coa tramitación regulamentaria, en sesión Extraordinaria e Urxente celebrada por medios telemáticos o venres 5 de febreiro de 2021, aprobouse inicialmente o ESTUDO DE DETALLE DA ZONA M DA MODIFICACIÓN Núm. 1 DO PROXECTO SECTORIAL DO PARQUE DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS DE ARTEIXO.

Ábrese un período de información pública por un prazo dun mes desde a publicación do anuncio da aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na Provincia. Durante o período de información pública, poderá examinarse o Estudo de Detalle por calquera persoa e formularse as alegacións que procedan.

Notificar individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados, outorgándolles un período de audiencia dun mes.