Sede electrónica Concello de Arteixo

22:11:09 Martes 14 de maio 2024
Estás en:

Información

Urbanismo

29/12/2020

Aprobación Inicial Plan Especial de Dotacións para a creación dunha Zona de Equipamentos Públicos en VILARRODÍS.

Que pola Xunta de Goberno Local, en sesión Ordinaria celebrada telemáticamente o xoves 22 de outubro de 2020, acordouse aprobar inicialmente o Plan Especial de Dotacións para creación dunha zona de equipamentos públicos en Vilarrodís. Arteixo, presentado o día 27/09/19, con RE co número 2019/999/00001407, para a súa aprobación inicial, pola entidade FERNÁNDEZ CARBALLADA E ASOCIADOS SLP.

Para dar cumprimento ao citado acordo

Ábrese un período de información pública durante o prazo de DOUS MESES, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia no día de hoxe, 17/12/2020. Así mesmo, publicouse anuncio no xornal el Ideal Galego o día 28/11/2020.

Durante o devandito período quedará o expediente ao dispor de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se estimen pertinentes, estando ao dispor dos interesados na sede electrónica deste Concello.

Notificouse individualmente o trámite de información pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.