Sede electrónica Concello de Arteixo

06:22:03 Domingo 24 de novembro 2024
Estás en:

Información

Urbanismo

14/10/2020

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión Ordinaria celebrada por medios telemáticos o xoves 30 de xullo de 2020 aprobouse inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior da UA 46, situada en Oseiro (Expediente 2020/U035/000001- 22/2018 PERI), asinado polo arquitecto don José AntonioMartínez Lema e tramitado a instancia de don José Luis Chouciño Garrido e dona Carmen Blanco Veiga.

En virtude do disposto polos artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia e
186.1 a) do Regulamento de planeamento, aprobado polo Decreto 143/2016, de 22 de setembro, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de DOUS MESES, mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, e en un dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante este período quedará o expediente a disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se estimen pertinentes, estando a disposición dos interesados na sede electrónica de este Concello.

Así mesmo, acordouse suspender o outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola
- 1568701NH4916N0001IU
- 1568702NH4916N0001JU
- 1669303NH4917S0001UO

Dando cumprimento ao citado acordo, publicouse anuncio no xornal o Ideal Gallego o día 12 de
aprobación do Plan Especial, e que son as seguintes parcelas con referencia catastral:
setembro de 2020 e fíxose público no DOG número 206 do día 13 de outubro de 2020, data na que se publica na web e na Sede Electrónica deste Concello.

Tempo de exposición: Ata o 14 de decembro de 2020