Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal Xeral de Xestión, Inspección e Recadación dos tributos e outros ingresos de dereito público locais do concello de Arteixo.
O Pleno da Corporación, en sesión de 26 de novembro de 2020, adoptou, entre outros, o acordo seguinte: Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal Xeral de Xestión, Inspección e Recadación dos tributos e outros ingresos de dereito público locais.
Procede a exposición pública por un prazo de trinta días, mediante inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia e no diario “La Voz de Galicia”, así como no taboleiro de edictos do
Concello e na sede electrónica do concello de arteixo. O prazo citado comezará a contar a partir da derradeira das publicacións realizadas.
Durante este período, tódolos interesados poderán examinar o expediente e presentar, no seu caso, as reclamacións que consideren oportunas.
Rematada a exposición pública, a Corporación resolverá as reclamacións que foran presentadas. Se tales reclamacións non se tiveran producido, o texto até entón provisional, entenderase definitivamente aprobado, procedéndose á publicación do texto integro das ordenanzas citadas.
Asina dixitalmente na data do documento electrónico.
A Concelleira de Servizos Económicos. Patricia Amado Varela.