Sede electrónica Concello de Arteixo

07:02:42 Domingo 24 de novembro 2024
Estás en:

Información

Rendas e Exaccións

04/12/2020

Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal nº 14.

O Pleno da Corporación, en sesión de 26 de novembro de 2020, adoptou, entre outros, o acordo seguinte: Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal nº 14 reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de lixos e residuos urbanos do concello de Arteixo.

Procede a exposición pública por un prazo de trinta días, mediante inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia e no diario “La Voz de Galicia”, así como no taboleiro de edictos do
Concello e na sede electrónica do concello de Arteixo. O prazo citado comezará a contar a partir da derradeira das publicacións realizadas.

Durante este período, tódolos interesados poderán examinar o expediente e presentar, no seu caso, as reclamacións que consideren oportunas.

Rematada a exposición pública, a Corporación resolverá as reclamacións que foran presentadas. Se tales reclamacións non se tiveran producido, o texto até entón provisional, entenderase definitivamente aprobado, procedéndose á publicación do texto integro das ordenanzas citadas.

Asina dixitalmente na data do documento electrónico. A Concelleira de Servizos Económicos. Patricia Amado Varela.