Sede electrónica Concello de Arteixo

06:33:23 Martes 16 de xullo 2024
Estás en:

Información

Rentas e Exaccións

17/10/2019

Aprobación provisional da modificación das ordenanzas fiscais nº 8 e nº 14

O Pleno da Corporación, en sesión de 10 de outubro de 2019, adoptou, entre outros, os acordos seguintes: Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal nº 8, reguladora  da taxa pola prestación do servizo público do Complexo Deportivo Municipal de Arteixo, prestación de servizos noutras instalacións deportivas e outros servizos análogos, e aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal nº 14 reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de lixos e residuos urbanos do concello de Arteixo

 Procede a exposición pública por un prazo de trinta días, mediante inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia e no diario “La Voz de Galicia”, así como no taboleiro de edictos do Concello e na sede electrónica do concello de arteixo. O prazo citado comezará a contar a partir da derradeira das publicacións realizadas.

 Durante este período, tódolos interesados poderán examinar o expediente e presentar, no seu caso, as reclamacións que consideren oportunas.

 Rematada a exposición pública, a Corporación resolverá as reclamacións que foran presentadas. Se tales reclamacións non se tiveran producido, o texto até entón provisional, entenderase definitivamente aprobado, procedéndose á publicación do texto integro das ordenanzas citadas.

Así mesmo, o texto da modificación das ordenanzas fiscais nº 8 e nº 14 estará a disposición dos interesados no portal web do Concello. Pódese acceder o documento aprobado na seguinte dirección

https://sede.arteixo.org/opencms/gl/información/verificacion_documentos/ empregando o Código de Verificación de Documentos (CVD/CSV): Ub2C3INQBMqWu/tzhs/R iDUNVROZUjKbQo8+h5Lu