Sede electrónica Concello de Arteixo

06:31:10 Martes 16 de xullo 2024
Estás en:

Información

Secretaria Xeral

18/07/2019

Modificación do Regulamento Orgánico municipal do Concello de Arteixo.

Aprobada inicialmente a modificación do Regulamento Orgánico municipal do Concello de Arteixo, por Acordo do Pleno de data 4 de xullo de 2019 de conformidade cos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 56 do Texto Refundido de Réxime Local, sométese a información pública polo prazo de 30 días a contar desde o día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia para que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen oportunas.

Así mesmo, o texto da modificación do Regulamento Orgánico Municipal estará a disposición dos interesados no portal web do Concello. Se puede acceder al documento aprobado en la siguiente dirección: https://sede.arteixo.org/opencms/gl/informacion/verificacion_documentos/
empregando o Código de Verificación de Documentos (CVD/CSV): UIJyzZgw3N66jebtellC

No caso de non presentarse reclamacións no citado prazo, entenderase definitivamente aprobado o Acordo de modificación do mencionado Regulamento.