Inadmisión solicitude reclamación de responsabilidade patrimonial
EXP: 2026/P001/000025
AYUNTAMIENTO DE ARTEIXO
Anuncio de notificación do acordo da Xunta de Goberno Local de 10 de setembro de 2026 en expediente de responsabilidade patrimonial 2026/P001/000025.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, intentouse sen efecto a notificación persoal a dona Elena Victerbas Andrada Teves do acordo da Xunta de Goberno Local de 10 de setembro de 2026 no expediente de responsabilidade patrimonial 2026/P001/000025, por este motivo se lle notifica o acordo adoptado mediante a publicación do presente anuncio:
Inadmisión de solicitude de reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por dona Elena Victerbas Andrada Teves, fronte ao Concello de Arteixo, solicitando unha indemnización polas calumnias presuntamente vertidas nun informe social que lle perxudicaron económica e moralmente.
...
PRIMEIRO.- Inadmitir a solicitude de Reclamación de Responsabilidade Patrimonial, formulada por dona ELENA VICTERBAS ANDRADA TEVES e presentada no rexistro xeral do Concello de Arteixo en data 26 de agosto de 2026 (Rexistro de Entrada núm. 2026/9689), fronte ao Concello de Arteixo, solicitando unha indemnización polas calumnias presuntamente vertidas nun informe social que lle perxudicaron económica e moralmente, por non cumprirse ningún dos principios necesarios para que a reclamación de responsabilidade patrimonial sexa admitida conforme á normativa aplicable (artigos 32 e seguintes da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público).
SEGUNDO.- Declarar concluído o procedemento incoado co número de expediente 2026/P001/000025 e arquivar o mesmo.
TERCEIRO.- Notificar o presente Acordo á interesada, aos efectos oportunos.
Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa poderá vostede interpor RECURSO DE REPOSICIÓN no prazo de UN MES ante o ALCALDE-PRESIDENTE ou interpor directamente RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO perante o Xulgado Contencioso Administrativo no prazo de DOUS MESES contados a partir do seguinte ó da recepción da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdición.
Arteixo, 27 de outubro de 2026. O Alcalde-Presidente D. José Carlos Calvelo Martínez.