APROBACIÓN DEFINITIVA PLAN ESPECIAL DOTACIÓNS E INFRAESTRUTURAS PARA INSTALAC. DEPORTIVAS EN MORAS
EXP: 2019/U035/000003
O Pleno do Concello de Arteixo, en sesión Ordinaria celebrada o xoves 24 de setembro de 2026, adoptou, o ACORDO de Aprobación definitiva do Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas para Instalacións Deportivas en Morás.
Dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia Núm. 188 do 2 de outubro de 2026
Por resolución da directora xeral de Urbanismo do 16 de outubro de 2026 procedeuse á inscrición do Plan especial de infraestruturas e dotacións para instalacións deportivas en Morás, no Concello de Arteixo, no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, co número de rexistro ROTPG/P/80/2026, da Sección II, do Libro I, Tomo VI, folla rexistral nº 19.
En data 22 de outubro de 2026 publícase no BOP nº 202 o anuncio que contén a normativa e as ordenanzas do Plan Especial definitivamente aprobado.
Pode consultarse a documentación íntegra na seguinte ligazón: https://territorioeurbanismo.xunta.gal/es/territorio-y-urbanismo/registro-de-ordenacion-del-territorio-y-urbanismo/buscador?provincia=15&concello=517&order=data&sort=DESC