Sede electrónica Concello de Arteixo

19:37:10 Mércores 30 de setembro 2026

Información

Urbanismo - Planeamento

30/09/2026

APROBACIÓN DEFINITIVA PROXECTO DE URBANIZACIÓN DA UA 16.3, ACTUALIZACIÓN DA UA 16.1

EXP: 2021/U037/000006

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión Ordinaria celebrada o mércores 29 de xullo de 2026, adoptouse o acordo de Aprobación Definitiva do Proxecto de Urbanización da UA 16.3, actualización da UA 16.1 e refundido de ambos para contratación conxunta das obras (documento de marzo 2026)

Enviáronse notificacións personalizadas a todos os interesados e publícase anuncio no BOP nº 187 de 30/09/2026 para xeral coñecemento, aos efectos previstos no art. 220.c do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, que aproba o Regulamento da lei do solo de Galicia.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada a mesma, non se puidera practicar, sirva o presente anuncio de notificación coa finalidade e alcance que se contemplan no artigo 44 da Lei 39/2015 de 1 e outubro de Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas.

Pode consultarse o proxecto aprobado definitivamente na seguinte ligazón de descarga: https://almacen.redsara.es/sending/public/7b52b8b5-1bdf-4155-bfb9-54eb0aff8041

O presente acto pon fin á vía administrativa, e contra o mesmo poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Alcalde no prazo de un mes a contar dende a presente publicación ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal de Instancia de A Coruña, sección do contencioso administrativo, no prazo de dous meses.


Xustificantes de Publicación: