Sede electrónica Concello de Arteixo

19:37:52 Mércores 30 de setembro 2026

Información

Urbanismo - Planeamento

28/09/2026

Aprobación definitiva do Estudo de Detalle en parcelas da fase 2 do Plan Parcial Zapateira 1

EXP: 2024/U051/000001

O Pleno do Concello de Arteixo, en sesión ordinaria celebrada o 29 de xaneiro de 2026, aprobou definitivamente o Estudo de Detalle en parcelas da fase 2 do Plan parcial Zapateira 1, por instancia de Invertia Estate, S.L.

Publicouse anuncio no DOG Núm. 74 de 22 de abril de 2026.

O Pleno do Concello de Arteixo en sesión ordinaria celebrada o 30 de xuño de 2026, adoptou o acordo de aprobación definitiva segunda do Estudo de Detalle  en parcelas da fase 2 do Plan parcial Zapateira 1.

Por resolución da directora xeral de Urbanismo do 4 de agosto de 2026 procedeuse á inscrición do estudo de detalle no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, co número de rexistro ROTPG/P/60/2026, da Sección II, do Libro I, Tomo V, folla rexistral nº 98.

Procédese á publicación íntegra da normativa do Estudo de Detalle definitivamente aprobado no BOP Nº 185 de 28/09/2026.

Pode consultarse a documentación íntegra na seguinte ligazón: https://territorioeurbanismo.xunta.gal/es/territorio-y-urbanismo/registro-de-ordenacion-del-territorio-y-urbanismo/buscador?concello=517&order=data&sort=DESC

 

 


Xustificantes de Publicación: