Aprobación Definitiva Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións de Casas Novas
EXP: 2024/U035/000001
O Pleno do Concello de Arteixo, en sesión celebrada o xoves 28 de maio de 2026, adoptou o acordo de aprobación definitiva segunda do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións de Casas Novas.
Dito acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia nº 112, do 17 de xuño de 2026
Por resolución da directora xeral de Urbanismo do 16 de xullo de 2026 procedeuse á inscrición do Plan especial de infraestruturas e dotacións de Casas Novas, no Concello de Arteixo, no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, da Sección II, do Libro I, Tomo V, folla rexistral nº 93 co número de rexistro ROTPG/P/55/2026.
De conformidade co previsto nos artigos 82.3 e 88.4 da Lei 2/2016 do 10 de febreiro do solo de Galicia e o artigo 70 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, procédese á publicación íntegra do documento que contén a normativa e as ordenanzas do Plan Especial definitivamente aprobado mediante anuncio no BOP nº 183 de 24/09/2026
Pode consultarse a documentación íntegra na seguinte ligazón: https://territorioeurbanismo.xunta.gal/es/territorio-y-urbanismo/registro-de-ordenacion-del-territorio-y-urbanismo/buscador?concello=517&order=data&sort=DESC
Contra as disposicións da normativa aprobada poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.