IGVS: RESOLUCIÓN POLA QUE SE DECLARA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL O NÚCLEO DE OSEIRO
EXP: 2024/X999/000159
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO: RESOLUCIÓN DO 8 DE XUÑO DE 2026 POLA QUE SE DECLARA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL O NÚCLEO DE OSEIRO, EN ARTEIXO.
Expediente municipal: 2024/X999/000159
Denominación: área de rehabilitación integral Núcleo de Oseiro.
Clase: área de rehabilitación integral de ámbito urbano.
Ámbito: urbano de carácter continuo.
O ámbito comprende unha superficie de 201.862 m², que abrangue o solo clasificado polo planeamento municipal como solo urbano consolidado con cualificación de uso global residencial, incorporando os asentamentos orixinais do Igrexario e Oseiro ata o lugar da Raña e a urbanización Sol y Mar. Pode consultarse nos planos que se xuntan como anexo á resolución, publicada no DOG Núm. 115 de luns, 22 de xuño de 2026.