Sede electrónica Concello de Arteixo

10:47:58 Venres 21 de novembro 2025

Información

Urbanismo

20/11/2025

PLAN ESPECIAL DE REFORMA INTERIOR DA UA 46. EXPTE 22/2018.PERI.-

EXP: 2020/U035/000001

Expediente Urbanismo: 2020/U035/000001 - 22/2018.PERI

Aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior da UA 46 (Expte 22/2018.PERI)

Polo Pleno da Corporación, en sesión Ordinaria celebrada o xoves 28 de agosto de 2025 acordouse a aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior da UA 46 Expte. 22/2018.PERI.

Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva do acordo, publicouse anuncio no Diario Oficial de Galicia núm. 194 Mércores, 8 de outubro de 2025.

Por resolución da directora xeral de Urbanismo do 11 de novembro de 2025 procedeuse á inscrición do Plan especial de reforma interior da UA 46, no Concello de Arteixo, no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, co número de rexistro ROTPG/P/76/2025, da Sección II, do Libro I, Tomo V, folla rexistral nº 20.

Poderá consultarse a documentación íntegra na seguinte ligazón: https://territorioeurbanismo.xunta.gal/es/territorio-y-urbanismo/registro-de-ordenacion-del-territorio-y-urbanismo/buscador

En data 20/11/2025 publicouse anuncio de Normativa e Ordenanzas no BOP Nº 223.


Xustificantes de Publicación: