ASUNTO: Inicio do procedemento para a aprobación do proxecto de equidistribución da UA 52.
EXP: 2025/U042/000001
Por Decreto Nº 1179/2025 de 02/05/2025 resolveuse iniciar o procedemento para a aprobación do proxecto de equidistribución da UA 52.
Publícase o inicio do expediente no BOP nº 112 de 13/06/2025 para o seu xeral coñecemento.
Así mesmo, estarase ao dispor dos interesados na sede electrónica deste Concello.
Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, ignórese o lugar da notificación ou ben tentada a mesma non se puido practicar, sirva o presente anuncio de notificación coa finalidade e alcance que se contemplan no artigo 44 da Lei 39/2015 de 1 e outubro de Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas.