CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS MEDIANTE CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA ACTIVIDADES E
EXP: 2025/A002/000006
O Concello de Arteixo anuncia a apertura da convocatoria de subvencións culturais para o ano 2025, destinadas a apoiar actividades, talleres e equipamentos culturais promovidos por entidades sen ánimo de lucro e persoas físicas que impulsen programas de interese cultural no municipio.
O orzamento total destinado a estas axudas é de 25.113,92 euros.
O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto durante 30 días naturais a partir da data de publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). As entidades interesadas poden acceder á convocatoria oficial, así como aos modelos de solicitude e xustificación, no portal do Concello.
Para realizar a tramitación, as solicitudes deberán presentarse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Arteixo:
https://sede.arteixo.org