Sede electrónica Concello de Arteixo

22:33:12 Martes 1 de abril 2025

Información

Medio Ambiente

28/03/2025

MODIFICACIÓN ORDENANZA Nº38, REGULADORA DO USO DAS PRAIAS DO CONCELLO DE ARTEIXO

EXP: 2025/G014/000002

Aprobación inicial modificación Ordenanza nº38 reguladora do uso das praias do Concello de Arteixo
O Pleno da Corporación, en sesión de 27 de febreiro de 2025, adoptou, entre outros, o acordo seguinte: aprobación inicial da modificación da ordenanza Nº 38, reguladora do uso das praias do Concello de Arteixo.
Procede a exposición pública por un prazo de trinta días, mediante inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, así como na sede electrónica do Concello de Arteixo. O prazo citado comezará a contar a partir da derradeira das
publicacións realizadas.
Durante este período, tódolos interesados poderán examinar o expediente e presentar, no seu caso, as reclamacións que consideren oportunas.
Rematada a exposición pública, a Corporación resolverá as reclamacións que foran presentadas. Se tales reclamacións non se tiveran producido, o texto até entón provisional, entenderase definitivamente aprobado, procedéndose á publicación
do texto integro da ordenanza citada.


Xustificantes de Publicación: