Pago importe expropiación e levantamento de actas de ocupación. Expte. 2024/U040/000004
EXP: 2024/U040/000004
En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento da Lei de Expropiación Forzosa, a Xunta de Goberno Local do Concello de Arteixo, en sesión ordinaria celebrada o día 6 de marzo de 2025, acordou convocar aos titulares dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación incoado para levar a cabo as obras de urbanización do entorno escolar de Meicende. Travesía de Meirás.
O devandito acto terá lugar:
Termo municipal de Arteixo
Lugar: Departamento de Obras do Concello de Arteixo, Travesía de Arteixo, 249 – 3º Andar.
Data: o día 30 de abril de 2025, as 10:00 horas
Co fin de proceder ao pago do importe da valoración establecida pola ocupación dos bens e dereitos afectados.
O pagamento efectuarase polo Pagador deste Concello aos propietarios das fincas.
A relación de persoas convocadas é a seguinte:
Nº |
Ref. Catastral |
TITULARIDAD |
1 |
4794808NH4949N0001XQ |
RAMOS GARCIA ELSA MARIA ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA SOCIEDAD ANÓNIMA) |
2 |
4794809NH4949S0001IO |
CEDEIRA CASTRO FERNANDO CEDEIRA CASTRO JESUS CEDEIRA CEDEIRA PATRICIA MARIA CEDEIRA CASTRO FRANCISCO JAVIER CEDEIRA CASTRO DIONISIO |
3 |
4794810NH4949S0001DO |
MARIA DEL PILAR MARTINEZ ARCAY |
4 |
4794807NH4949N0001DQ |
FAYCA TECNOLOGIC SL. |
5 |
4794811NH4949S0001XO |
BUÑO LOPEZ JOSEFA RODRIGUEZ BUÑO EVA MARIA GARCIA MAÑANA ESTRELLA BUÑO LOPEZ JOSE BUÑO LOPEZ JESUSA |
O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertindo aos titulares que o pagamento farase precisamente aos que figuren como donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, non admitíndose representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, debendo achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros; e que deberán identificarse co Documento Nacional de Identidade.
Así mesmo comunícaselle que deberán comparecer ao acto xuntando as escrituras de propiedade das fincas.
No suposto de non comparecer ou non poderse efectuar o pagamento ós titulares, procederase á consignación do importe na Caixa Xeral de Depósitos.
Coincidindo co acto de pagamento, procederase ao levantamento da acta de ocupación correspondente.
O pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do xusto prezo.