Sede electrónica Concello de Arteixo

23:38:30 Luns 20 de xaneiro 2025

Información

Urbanismo

08/01/2025

Anuncio BOE de Inicio de procedimiento para aprobación de proxecto de equidistribución da UA 17.3

EXP: 2024/U042/000002

Por Decreto Nº 2848/2024 de 21/10/2024, resolveuse iniciar o procedemento para a aprobación do proxecto de equidistribución do ámbito da UA 17.3.

De acordo co artigo 267 do Decreto 143/2016 do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016 do 10 de febreiro do solo de Galicia, publicouse o inicio do expediente para o seu xeral coñecemento mediante anuncio no Boletín oficial da provincia da Coruña de data 27/12/2024 e no taboleiro de anuncios a sede electrónica do Concello de Arteixo. Tentouse a notificación individualizada aos propietarios afectados mediante o Servizo de Correos, constando varios deles como non notificados.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a práctica da mesma mediante a publicación de anuncio no Boletín Oficial do Estado nº 7 de 08/01/2025.


Xustificantes de Publicación: