Sede electrónica Concello de Arteixo

10:44:03 Mércores 16 de outubro 2024

Información

Urbanismo

28/09/2023

Aprobación definitiva da M.P. das NNSS de Planeamiento no ámbito do Polígono de Sabón

EXP: 2020/U032/000001

Por Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, do 8 de xuño de 2023, prestouse aprobación definitiva á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento no polígono industrial de Sabón, no Concello de Arteixo (A Coruña), establecéndose a obriga do concello de elaborar un documento refundido que incorporase ás modificacións derivadas das condicións sinaladas na mesma.

No Diario Oficial de Galicia nº 121 de data 27 de xuño de 2023 publicouse a devandita Orde.

Por Resolución da directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo de data 20 de setembro de 2023 procedeuse á inscrición da citada Modificación Puntual no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, sendo rexistrada co número ROTPG/P/56/2023.

Dando cumprimento á Orde de aprobación definitiva e trala inscrición no Rexistro de Planeamento procedeuse á publicación da normativa e as ordenanzas no BOP nº 186 de 28/09/2023.

Poderá consultarse o documento na seguinte ligazón: Rexistro de planeamento de Galicia - CMAOT (xunta.gal)

Descarga do documento: Documentos (xunta.gal)


Xustificantes de Publicación: