Sede electrónica Concello de Arteixo

08:40:35 Venres 11 de outubro 2024

Información

Urbanismo

04/05/2023

Notificacións infrutuosas Aprobación Inicial Estudo do Modificado de PUR UA 49

EXP: 2023/U037/000001

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión Ordinaria celebrada por medios telemáticos o xoves 23 de marzo de 2023, adoptouse, entre outros, o ACORDO DE APROBACIÓN INICIAL DO MODIFICADO DE PROXECTO DE URBANIZACIÓN UA 49 DAS NNSS MUNICIPAIS DE ARTEIXO.
Cumprindo cos acordos que figuran no certificado de XGL, publicáronse Anuncios de Aprobación Inicial con data 30/03/2023 no BOP número 62, no Taboleiro de Edictos, no Ideal Gallego e no Taboleiro de Anuncios da Sede electrónica do Concello de Arteixo.
Unha vez tentada a notificación do acordo de aprobación inicial no domicilio de tres dos interesados, mediante o Servizo de Correos, foron devoltas por este sen que se puidese practicar. 
Por iso, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a práctica da mesma mediante a publicación de anuncio no Boletín Oficial do Estado.
Dado que neste acto non se publica integramente a notificación referida, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, o texto íntegro do acto que se notifica atópase ao dispor do interesado no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial do Estado, nas oficinas de Urbanismo do Concello de Arteixo, sitas na praza Alcalde Ramón Dopico núm. 1, Arteixo, en horario de 09:00 a 14:00 horas e no seguinte enlace web:
https://sede.arteixo.org/sxc/é/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20230330110026178.html
No caso de que non se producise a comparecencia no prazo sinalado, terase por practicada a notificación para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do referido prazo.


Xustificantes de Publicación: