Sede electrónica Concello de Arteixo

08:27:39 Mércores 16 de outubro 2024

Información

Urbanismo e Patrimonio

22/03/2023

Publicación BOE de notificacións infructuosas Aprobación Inicial Estudio de Detalle UA 61

EXP: 2022/U051/000001

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión Ordinaria celebrada o venres 16 de decembro de 2022, adoptouse, entre outros, o ACORDO de APROBACIÓN INICIAL DO ESTUDO DE DETALLE PARA ORDENACIÓN DE VOLUMES PLAN ESPECIAL DE REFORMA INTERIOR UA 61 VILARRODÍS ( 14/2022.ED).

Cumprindo cos acordos que figuran no certificado de XGL, publicáronse Anuncios de Aprobación Inicial con data 01/03/2023 no DOG Núm. 42, no Taboleiro de Edictos, no Ideal Gallego e no Taboleiro de Anuncios da Sede electrónica do Concello de Arteixo.

Unha vez tentada a notificación do acordo de aprobación inicial no domicilio de dous dos interesados, mediante o Servizo de Correos, foron devoltas por este sen que se puidese practicar.

Por iso, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a práctica da mesma mediante a publicación de anuncio no Boletín Oficial do Estado en data 22/03/2023.


Xustificantes de Publicación: