ANUNCIOS EXP. EXPROPIACIÓN PROXECTO CONSTRUTIVO DO ACCESO FERROVIARIO AO PORTO EXTERIOR DA CORUÑA
EXP: 2022/X999/000003
En data 29/08/2022 tivo entrada no Rexistro Xeral do Concello de Arteixo Anuncio da Autoridade Portuaria da Coruña sobre convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación e de ocupación definitiva no expediente de expropiación forzosa para a adquisición dos bens e dereitos necesarios para a execución do “Proxecto construtivo do acceso ferroviario ao Porto Exterior da Coruña en Punta Langosteira”, Termos municipais de Arteixo e A Coruña.
Acompáñase, igualmente, relación de bens e dereitos afectados e planos parcelarios.
Do mesmo xeito, remítense as citacións daqueles casos en que os titulares son descoñecidos, a fin de tentar localizar aos interesados.
Para os efectos oportunos, publícase a documentación no Taboleiro de Anuncios da Sede electrónica do Concello de Arteixo.