Sede electrónica Concello de Arteixo

09:44:31 Mércores 16 de outubro 2024

Información

Urbanismo e Patrimonio

09/06/2022

Inicio do Procedemento de Proxecto de Equidistribución da UA 42

EXP: 2022/U036/000001

Por Decreto Nº 1959/2022 de 01/06/2022 resolveuse iniciar o procedemento para a aprobación do proxecto de equidistribución para execución da urbanización do polígono de execución da UA 42 mediante o sistema de cooperación.

Publicouse o inicio do expediente para o xeral coñecemento mediante anuncio no Boletín Oficial de A Coruña de 09/06/2022.

Notificarase individualmente o inicio do expediente aos titulares de dereitos afectados pola actuación proposta.

Así mesmo, estarase ao dispor dos interesados na sede electrónica deste Concello, mediante o presente anuncio (9/6/22 a 9/7/22)

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben intentada a mesma non se puidera practicar, sirva o presente anuncio de notificación coa finalidade e alcance que se contemplan no artigo 44 da Lei 39/2015 de 1 e outubro de Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas


Xustificantes de Publicación: