Publicación de Aprobación definitiva do Proxecto de equidistribución da UA-8.-
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada por medios telemáticos o xoves 5 de agosto de 2021, acordouse a aprobación definitiva do PROXECTO DE EQUIDISTRIBUCIÓN DA UA-8, redactado polo arquitecto don Angel Luís Monteoliva Díaz e a avogada dona Blanca Monteoliva Pereira e asinados dixitalmente o día 6/07/21.
O que se publica para xeral coñecemento aos efectos previstos no art. 220.c do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, que aproba o Regulamento da lei do solo de Galicia.