Aprobación Inicial Proxecto de Urbanización da UA 8 (EXP. 2/2015 PUR).-
Por Resolución de Alcaldía 954/2021 de 16/04/2021, aprobouse inicialmente o Proxecto de Urbanización da UA-8.
Unha vez tentada a notificación nos domicilios de tres dos/as interesados mediante o Servizo de Correos, sen que esta puidese practicarse, publícase no TEU do BOE Núm. 136 Martes 8 de xuño de 2021, para que conste e sirva de notificación en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
O expediente relacionado atópase á súa disposición na sede electrónica do Concello de Arteixo, na seguinte ligazón:
https://sede.arteixo.org/opencms/es/informacion/tablon/Noticia_Urbanismo_008.html