APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO 2026
EXP: 2025/T004/000001
Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada en data 27 de novembro de 2025, o orzamento xeral para o exercicio económico de 2026, ao abeiro do disposto no artigo169.1 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e disposicións concordantes, exponse ao público na Intervención deste Concello, polo prazo de quince días hábiles que empezarán a contarse dende o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas para a súa resolución polo Pleno. No caso de non presentarse reclamacións, considerarase definitivamente aprobado o orzamento.