Sede electrónica Ayuntamiento de Arteixo

17:14:51 Lunes 10 de marzo 2025

Información

Servizos Económicos

06/03/2025

EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 5/2025. CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS 1/2025.-

EXP: 2025/T002/000005

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 27 de febreIro de 2025, aprobou inicialmente o expediente de modificacións de crédito nº 5/2025: créditos extraordinarios 1/2025, dentro do vixente orzamento municipal, por importe de DEZ MIL EUROS (10.000,00€), financiado con baixas por anulación total ou parcial doutras aplicacións orzamentarias.

 

O devandito expediente permanecerá exposto ao público, durante o prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello, a efectos da presentación de reclamacións ante o Pleno, segundo o disposto no artigo 177.2, en relación co 169, do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Se ao remate do período de exposición pública non se presentaran reclamacións, o expediente considerarase definitivamente aprobado, conforme ao establecido na citada lexislación.


Justificantes de Publicación: