EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 34/2024. SUPLEMENTO DE CRÉDITOS 2/2024 E CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS 2/2024.-
EXP: 2024/T002/000034
O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 4 de novembro de 2024, aprobou inicialmente o expediente de modificacións de crédito nº 34/2024 mediante a concesión de créditos extraordinarios 2/2024 e suplementos de créditos 2/2024 dentro do vixente orzamento municipal, por importe de UN MILLÓN OITOCENTOS CATORCE MIL DOUSCENTOS CINCUENTA EUROS (1.814.250,00€), financiado con cargo ao remanente líquido de tesourería para gastos xerais obtido da liquidación do exercicio 2023 e a baixas por anulación de créditos doutras aplicacións orzamentarias.
O devandito expediente permanecerá exposto ao público, durante o prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello, para os efectos da presentación de reclamacións ante o Pleno, segundo o disposto no artigo 177.2, en relación co artigo 169, do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Se ao remate do período de exposición pública non se presentaran reclamacións, o expediente considerarase definitivamente aprobado.