Sede electrónica Concello de Arteixo

19:21:14 Mércores 2 de decembro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Calquera persoa física ou xurídica.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

 

  • SOLICITUDE DE NOVO INGRESO (do 18 ao 29 de maio)
  • Formulario de solicitude de praza DE NOVO INGRESO na E.I.M.
  • Anexo solicitude Bono Concilia.
  • Folleto informativo.
  • Fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo da identidade das/os nais/pais ou representantes legais segundo proceda.
  • Fotocopia do Libro de Familia completo ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Fotocopia do título de familia numerosa.
  • No caso de nenas/os con discapacidade ou necesidades educativas especiais, informe do Equipo de Valoración e Orientación das Xefaturas Territoriais da Consellería competente na materia da Unidade de Atención Temperá segundo proceda.
  • Resolución de acollemento ou garda.
  • Nos casos de non estar empadroada/o neste concello, pero algunha/algún dos proxenitores ou representante legal da crianza teña o seu posto de traballo nel, achegaráse o certificado da empresa ou da institución correspondente.
  • Certificación correspondente no caso de que algún membro da unidade familiar estea afectado de discapacidade, ou enfermidade que requira de internamento periódico ou padeza enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.
    Sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial de medidas paterno-filiais.
  • Outros documentos se proceden, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais susceptibles de puntuación no baremo. Informe dos Servizos Sociais do Concello ou da administración autonómica nos supostos de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial en que viva a unidade familiar.
  • Acreditación de muller vítima de violencia de xénero.
  • Xustificación de ocupación ou desemprego actualizada:
    • No caso de persoas por conta allea: copia da última nómina, certificación de empresa ou vida laboral.
    • No caso de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas: copia do último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social no Réxime Especial de Traballadores por conta propia ou da correspondente mutualidade.
    • No caso de persoas desempregadas: certificación de ser demandante de emprego.
  • Copia cotexada da última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando non sexa posible obtela por parte da entidade municipal.
  • Cando se produzan variacións de ingresos que supoñan unha merma ou incremento de máis do 20% no cómputo anual fronte aos que figuren na declaración do IRPF correspondente do ano 2018 deberán comunicarse e presentaranse os documentos que acrediten oficialmente a situación económica.
  • No caso de tratarse de persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia (RISGA), xustificante emitido pola entidade concedente.
  • Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerase a renda de que exerza a garda e custodia da/o menor e as pensións compensatroia que perciba o cónxuse que a ostente e de alimentos das/os fillas/os ao seu cargo. No caso de non as percibiren, acreditarse esta circunstancia coa copia da reclamación xudicial presentada ao efecto.

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que, se así non se fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.