Sede electrónica Concello de Arteixo

11:45:50 Domingo 7 de xuño 2020
Estás en:

Detalle trámite

Licenza de vaos

O procedemento de "solicitude de licenza de vaos" ten como obxecto establecer os requisitos e o procedemento para o outorgamento da licenza de reserva de espazo para a entrada e saída de vehículos solicitada por aqueles propietarios e/ou posuidores lexítimos dos inmobles aos que se lles deba permitir o acceso, así como os promotores ou contratistas nos supostos de obra.

Persoas físicas ou xurídicas que desexen solicitar unha licenza de vaos.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de licenza de vaos.
  • Só no caso de ser de novo:
  1. Licenza municipal de actividade ou no seu caso solicitude da mesma (exentos os pasos nocturnos e vivendas unifamiliares).
  2. Se tratase de obras, a correspondete licenza.
  3. Acreditación da titularidade ou aluger do inmobel.
  4. Plano de situación a escala 1/1000 ou 1/2000 (ou no seu defecto último recibo do IBI)
  5. Plano do local a escala 1/100.
  6. Declaración responsable conforme ó modelo do Anexo I da Ordenanza.
  7. Declaración pola que se obliga a non utilizar o local para outras finalidades ou actividades.
  8. Acreditación da representación, se é o caso.
  • Xustificante de pago da taxa segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de Licenza de Vaos.

Unidade tramitadora: Obras, Servizos e Bens.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.