Sede electrónica Concello de Arteixo

17:24:38 Mércores 29 de xuño 2022
Estás en:

Información

Urbanismo

10/06/2019

Aprobación inicial da modificación puntual das NN.SS. de planeamento no ámbito do polígono industrial de Sabón.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 09/04/2019 acordou aprobar inicialmente o expediente nº 5/2015.PMP de "Modificación Puntual das NN.SS. de planeamento de Arteixo no ámbito do Polígono Industrial de Sabón", segundo proxecto asinado polo arquitecto don Alvaro Vidal García en data marzo de 2019.
En virtude do disposto polo artigo 60 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia e polo artigo 144 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, o expediente de referencia sometarase a información pública polo prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a preceptiva publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pódese acceder ao documento aprobado no seguinte enderezo: https://sede.arteixo.org/opencms/gl/informacion/verificacion_documentos/

empleando o Código de Verificación de Documentos (CVD/CSV): wiHXnGljlpgCLqCVBHtp

E ao expediente completo en:
https://www.arteixo.org/gl/noticia/aprobacion-inicial-da-modificacion-puntual-das-nnss-de-planeamento-no-ambito-do-poligono-de