Sede electrónica Concello de Arteixo

17:49:38 Mércores 29 de xuño 2022

Información

Urbanismo

24/02/2022

Expediente de Deslinde de bens de dominio público marítimo-terrestre Porto Exterior

O día 24/02/2022 ten entrada no Rexistro Xeral de Concello de Arteixo escrito da Demarcación de Costas en Galicia, en relación ao Expediente de Deslinde dos bens de dominio público marítimo-terrestre de modificación, no tramo duns 4.930 m, correspondente ao Porto Exterior da Coruña, en Punta Langosteira, comprendido aproximadamente entre os vértices M-35 a M-187 do deslinde aprobado por O.M. do 14 de xaneiro de 2002, e M-1 a M-109 do deslinde aprobado por O.M. de 28 agosto de 2003, no t.m. de Arteixo (A Coruña.

Poden consultarse os Planos na seguinte ligazón de descarga:

https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/10c4e0a2f360f5dc29e372420dd9933a9abd39c6

ACTO DE APEO

En cumprimento do que determina o artigo 12.2 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas (apartado modificado polo artigo primeiro, apartado 6 da Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral) e o artigo 22 o Real Decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Costas, comunícaselles para os efectos oportunos, no caso de asistir a este acto, rógase comuniquen a esta Demarcación de Costas o representante que asistirá ao mesmo.

Devandito acto dará comezo no lugar e hora a continuación indicados:

TRAMO DE COSTA:

PORTO EXTERIOR DA CORUÑA, EN PUNTA LANGOSTEIRA, COMPRENDIDO APROXIMADAMENTE ENTRE OS VÉRTICES M-35 A M-187 DO DESLINDE APROBADO POR O.M. DO 14 DE XANEIRO DE 2002, E M1 A M-109 DO DESLINDE APROBADO POR O.M. DE AGOSTO DE 2003, NO T.M. DE ARTEIXO.

LUGAR:  

NO APARCADOIRO DA PRAIA DE SABÓN, “AV DA PRENSA”.

DÍA E HORA:      

MIÉRCORES 16 DE MARZO DE 2022 ÁS 12:00 HORAS.


Xustificantes de Publicación: