Sede electrónica Concello de Arteixo

18:44:49 Mércores 29 de xuño 2022

Información

URBANISMO

26/08/2021

Inicio do Expediente de equidistribución da UA-3

Por Decreto Nº 2281/2021 de 09/08/2021 resolveuse iniciar o procedemento para a aprobación do proxecto de equidistribución para execución da urbanización do polígono de execución da UA 3 mediante o sistema de cooperación.

De acordo co artigo 267 do Decreto 143/2016 de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016 de 10 de febreiro do solo de Galicia publícase o inicio do expediente para o seu xeral coñecemento mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia (26/08/2021).

Notificarase individualmente o inicio do expediente aos titulares de dereitos afectados pola actuación proposta.

Así mesmo, estarase ao dispor dos interesados na sede electrónica deste Concello.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben intentada a mesma non se puidera practicar, sirva o presente anuncio de notificación coa finalidade e alcance que se contemplan no artigo 44 da Lei 39/2015 de 1 e outubro de Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas


Xustificantes de Publicación: