Sede electrónica Concello de Arteixo

17:07:13 Mércores 29 de xuño 2022

Información

Urbanismo e Patrimonio

04/08/2021

APROBACIÓN INICIAL EQUIDISTRIBUCION UA 9.-

Pola entidade promotora SANTIAGO FUENTES SL procedeuse á aprobación inicial da versión de abril de 2021 do proxecto de equidistribución da UA 9 presentado o 9/04/21 (RE 2021199900002414) e a documentación complementaria presentada o 21/06/2021 (RE 202199900004027) de conformidade co certificado emitido, así mesmo constan os certificados do Registro da Propiedad de Arteixo e as escrituras.

Aos efectos de dar cumprimento ao artigo 270 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia sométese o proxecto a información pública polo prazo de UN MES mediante

1.-Anuncio no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña nº 146 do dia 04/08/2021.

2.-Encontrándose asemade a disposición dos interesados no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e na sede electrónica de este Concello dende a mesma data.

Durante o período de información pública, quedará o expediente a disposición de calquera que queira examinalo, aos efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren oportunas.


Xustificantes de Publicación: