Sede electrónica Concello de Arteixo

17:55:27 Mércores 29 de xuño 2022

Información

Urbanismo e Patrimonio

19/07/2021

APROBACIÓN INICIAL DE ESTATUTOS DA ENTIDADE DE CONSERVACIÓN DO PARQUE ACT. ECON. DE ARTEIXO

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión Ordinaria celebrada por medios telemáticos o xoves 08 de xullo de 2021, aprobáronse inicialmente os Estatutos da Entidade de Conservación do Parque de Actividades Económicas de Arteixo.

No certificado de aprobación definitiva figuran os seguintes acordos:

Primeiro.- Acordar a aprobación inicial dos estatutos propostos por escrito presentado o día 3/06/21 (3668) da entidade de conservación do Parque de actividades económicas de Arteixo nos termos e condicións expostos e que se transcribe no anexo a teor dos exposto no presente documento.

Segundo.- Publicar o acordo de aprobación no Boletín Oficial da provincia e nun dos xornais de maior difusión por prazo dun mes, así como na sede electrónica municipal e o tablón de anuncios.

De forma simultánea, notificar de forma individual aos propietarios ou titulares de dereitos patrimoniais no polígono, a fin de que, por idéntico termo, formulen as alegacións pertinentes sobre o proxecto das bases de actuación e estatutos.

Dando cumprimento ao citado acordo fanse as seguintes publicacións no Tablón de Edictos e no Tablón de anuncios da Sede electrónica do Concello de Arteixo o día 19-07-2021:

  1. ANUNCIO Publicado no BOP nº 134 de A Coruña de 19-07-2021.
  2. ANUNCIO Publicado no xornal El Ideal Gallego de 19-07-2021.
  3. ANEXO COPIA dos ESTATUTOS aprobados inicialmente.

Xustificantes de Publicación: