Sede electrónica Ayuntamiento de Arteixo

01:34:50 Sábado 25 de junio 2022

Información

Departamento de Persoal e RR.HH.

28/12/2021

CONVOCATORIA E BASES ARQUITECTO/A TECNICO-ENXEÑEIRO/A DE EDIFICACION OBRAS E SERVIZOS

Por Decreto de Alcaldía nº 3923/2021 de data vinte e un de decembro de dous mil vinte e un, apróbanse a convocatoria e as bases para a provisión en propiedade, a través do procedemento de CONCURSO-OPOSICIÓN de dúas prazas de persoal funcionario de ARQUITECTO/A TÉCNICO-ENXEÑEIRO/A EDIFICACIÓN de Obras/Servizos, que de seguido se expoñen:

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE DE DÚAS PRAZAS DE PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO-ENXEÑEIRO/A EDIFICACIÓN DE OBRAS/SERVIZOS DO CONCELLO DE ARTEIXO

1.Obxeto

É obxecto da presente, a regulación do proceso selectivo a través do procedemento de Concurso- Oposición,  para cobertura en propiedade de dúas prazas de persoal funcionario de carreira de  ARQUITECTO/A TÉCNICO- ENXEÑEIRO/A DE EDIFICACIÓN adscritas á Area de Obras e Servicios, correspondentes ao Grupo A, Subgrupo A2 (establecidos no art. 76 do RDLex 5/2015 de 30 de outubro do texto refundido do EBEP), encadradas na Escala de Admón. Especial, Subescala Técnica incluídas na OEP 2017 do Concello de Arteixo. (BOP A Coruña nº 99 de 29 de maio 2017)

As presentes Bases específicas complétanse coas Bases xerais aprobadas por Decreto nº 414/2021 de 18/02/2021 e publicadas no BOP de A Coruña nº 36 de 24/02/2021 determinándose coas presentes  aqueles aspectos propios e específicos da convocatoria das prazas sinaladas.

As retribucións actuáis corresponden as propias dun posto de Arquitecto Técnico-Enxeñeiro de Edificación A2, Complemento de Destino 26 e CE 1.105,49 € no ano 2021, sen perxuizo de ulteriores modificacións retributivas da nova Relación de Postos de Traballo, aprobada definitivamente no pasado Pleno ordinario de novembro e con previsión de entrada en vigor o 01/01/2022.

FUNCIÓNS:

  • Asesoramento, control, asistencia técnica e emisión de informes técnicos proposta, preceptivos para a aprobación por órgano competente, para a tramitación de licenzas de obra, comunicacións previas, actividades, urbanizacións, licenzas de primeira ocupación, proxectos de división, segregación, regularización de predios e parcelacións, etc., de iniciativa pública ou privada en materia de urbanismo, así como en materia de disciplina urbanística.
  • Emisión de informes previos á emisión de certificacións de carácter urbanístico.
  • Control, inspección e seguimento da execución dos proxectos e memorias técnicas en materia de urbanismo, así como das edificacións e construcións xa rematadas e das actividades.
  • Realización dos traballos de incorporación, actualización e mantemento dos bens do Patrimonio Municipal do Solo. Redacción, coordinación e elaboración de documentos técnicos en materia competencial da titulación en materia da súa competencia.
  • Asunción de dirección de obras de carácter público, de acordo á súa titulación.
  • Elaboración da documentación técnica e dos proxectos de adquisición de bens inmobles de natureza urbanística (incluíndo os proxectos de expropiación).
  •  Elaboración do prego de prescricións técnicas particulares nas materias da súa competencia. No suposto de ser realizada por outro técnico ou servizo, prestará a colaboración e asesoramento requirido.
  • Coordinación técnica con outras Administracións Públicas.
  • Asistencia a órganos colexiados, comisións técnicas e grupos de traballo que se Ile encomenden.
  • Redacción, coordinación e elaboración de estudios, valoracións e taxacións, en materia da súa competencia Asesoramento, control, asistencia técnica e emisión de informes-proposta en materia de disciplina urbanística, ordes de execución e expedientes de ruína.
  • Informe-proposta de recursos administrativos e alegacións relacionados coa materia da súa competencia Atención o público en materia da súa competencia.
  • Asesoramento, control, asistencia técnica, emisión de informes e tramitación de solicitudes e xustificacións de subvencións a favor do Concello na materia da súa competencia.
  • Responsable dos contratos na área da súa competencia, con especial seguimento e control do cumprimento das obrigas contractuais sinaladas nos pregos e nas ofertas económicas.
  • Calquera outra función correspondente á súa subescala e propia das súas competencias e atribucións profesionais

2. Requisitos esixidos

Serán requisitos de acceso os establecidos nas Bases xerais, a excepción da titulación que queda determinada de seguido  

5.º Titulación: Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos académicos ou en condicións de obtelo na data en que remate o pazo de presentación de instancias: Arquitectura técnica, Enxeñería de edificación ou titulación equivalente habilitante para o exercicio profesional das prazas convocadas

Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar en posesión da correspondente credencial de homologación ou, no seu caso, do correspondente certificado de equivalencia.

Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional no ámbito das profesións reguladas ao amparo das disposicións de dereito comunitario.

6º. Posuír un título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua Galega CELGA IV, equivalente ou superior. Os aspirantes que non a acrediten deberán superar unha proba de coñecemento da lingua galega.

2.2 Os requisitos establecidos deberán posuírse no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o proceso selectivo ata o momento da toma de posesión como funcionario de carreira.

3. Instancias: documentación e prazos de presentación

A instancia solicitando a participación rexerase polo establecido nas Bases xerais e deberá seguir o modelo establecido como Anexo I debendo adxuntarse a documentación requirida nas Bases xerais (DNI, Título universitario, Autobaremo con documentación acreditativa dos méritos académicos e laborais, taxas de exame, título de Galego CELGA IV ou equivalente de selo caso)

O prazo de presentación de instancias de conformidade ao establecido nas Bases xerais será de 20 días naturais dende o seguinte ao da publicación de anuncio destas bases específicas no BOE. Con carácter previo estas Bases específicas serán publicadas integramente no BOP e remitido anuncio ao DOG. As demais publicacións no taboleiro e complementariamente na web municipal rexeranse polo establecido nas Bases xerais.

As taxas de dereitos de exame establécense en 30,20 €. O  pago de taxa de dereitos de exame, poderá realizarse presencial ou telematicamente a través da web municipal (www.arteixo.org  // servicios económicos // Ciudadanía // Oficina virtual tributaria / realizar pago on line / Taxas . Para o pago telemático precisará un número de recibo que deberá ser facilitado polo Dpto de Rendas) . En calquera caso, para instrucións de pago de taxas, recoméndase  remitir email ao Dpto. de Rendas municipal (rendas@arteixo.org) ou poñerse en contacto telefonicamente.

4.  Admisión de aspirantes.

As establecidas nas Bases xerais.

5. Tribunal cualificador

O determinado nas Bases xerais que será designado nominalmente cos membros titulares e suplentes no Decreto de aprobación da listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídas/os, aos efectos de abstención/recusación, que de selo caso, resolveranse no Decreto de Listaxe definitiva.

6.- Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.

O determinado nas Bases xerais para as prazas do grupo II de p. Laboral e A2 de persoal funcionario.

6.1 FASE DE OPOSICIÓN (60% do proceso selectivo. Eliminatorio)

A fase de oposición terá carácter previo á de Concurso e consistirá na realización dos seguintes exercicios segundo o establecido nas Bases xerais.

A puntuación máxima que se poderá acadar na fase de oposición será de 60  puntos.

Primeiro exercicio: EXAME TEÓRICO TIPO TEST Carácter obrigatorio e  eliminatorio: 20 puntos máximo, mínimo 10 puntos para superalo.

Consistirá na realización dun exercicio teórico consistente na realización dun exame tipo test de 50 preguntas con 4 alternativas de resposta (máis un máximo de 10 preguntas de reserva), preparadas con carácter previo polo Tribunal e relacionadas co temario anexo á presente convocatoria (temario xeral e temario específico).

A cualificación máxima deste exercicio é de 20 puntos, sendo necesario acadar 10 puntos para supéralo. Cada resposta correcta puntuará 0,40 puntos, cada resposta errada restará 0,20 puntos e as respostas non contestadas (en branco) non descontarán.

A duración máxima para a realización deste exercicio será dunha hora (60 min), podendo o Tribunal determinar tempos inferiores se así o estima conveniente.

Segundo exercicio: EXAME PRÁCTICO (Carácter obrigatorio e eliminatorio): 40 puntos máximo, mínimo 20 puntos para superalo.

Consistirá na resolución dun ou varios supostos prácticos (máximo 5) propostos polo Tribunal con carácter inmediatamente previo á realización do exame, relacionados co temario xeral e/ou específico anexo ás presentes bases e coas funcións propias da praza convocada, durante un tempo máximo de dous horas.

O exercicio será cualificado de 0 a 40 puntos, sendo necesario acadar unha puntuación de 20 puntos para o superar, dado o seu carácter eliminatorio.

Toda vez rematado o tempo de exame, o Tribunal poderá determinar a lectura do exercicio si así o estima conveniente, quedando capacitado para realizar canta pregunta/aclaración  consideren en relación á exposición escrita dos aspirantes. A lectura do exercicio en ningún caso poderá ser superior a 30 minutos para cada un dos aspirantes.

No suposto de que algún aspirante non proceda á lectura, no suposto de que o tribunal determine a mesma, a cualificación do exercicio será directamente non apto, sen mais avaliación.

Para a resolución deste exercicio, o/a opositor poderá utilizar normativa estatal e autonómica en documento papel. Durante o desenvolvemento desta proba o/as aspirantes poderán consultar os textos técnicos, legais e xurisprudenciais non comentados dos que acudan provistos, coa autorización do Tribunal. Os membros do Tribunal quedan competencialmente capacitados para revisar o apoio documental dos aspirantes.

Neste exercicio, valorarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos plantexados. Estimarase especialmente a sistemática na proposta, a formulación de conclusións, coñecemento e axeitada aplicación da normativa vixente e a ponderación de cada un destes criterios en cada un dos supostos será posto en coñecemento dos aspirantes con carácter previo á realización do exercicio. Así mesmo, no caso de poñerse varios supostos prácticos polo Tribunal con distinta puntuación cada un deles, deberá indicarse no exercicio entregado ao opositor, a puntuación de cada un deles e o desenvolvemento dos criterios de cualificación xerais determinados, de selo caso.

Terceiro exercicio: Coñecemento de galego. Terá carácter obrigatorio e eliminatorio, sendo a cualificación de APTO ou NON APTO.

Consistirá na tradución escrita directa dun texto en castelán facilitado polo tribunal, á lingua galega, nun tempo máximo de 30 minutos. O texto será escollido polo Tribunal cualificador do proceso selectivo inmediatamente antes de celebrarse a proba, podendo formarse con parágrafos de distintos textos, correspondéndolle ao Tribunal a fixación do nivel de coñecemento esixido para superar esta proba. O texto non poderá ter mais de 100 palabras, sendo cualificados como non aptos aqueles aspirantes que teñan 10 erros ou máis (tanto de tradución, como de gramática como de acentuación)

Deberan realizar esta proba aqueles aspirantes que non presenten o certificado no prazo de presentación de instancias e referido á data de remate, de ter superados os estudos conducentes á obtención do nivel do coñecemento do galego CELGA IV esixido, expedido por organismo oficial para tal efecto, ou título acreditativo expedido por entidade académica para tal fin. Os/as aspirantes que acrediten a posesión do referido título estarán exentos da realización desta proba, considerándose neste caso directamente como APTO .

Os aspirantes que non acreditasen estar en posesión do CELGA IV ou equivalente e que non superasen esta proba quedarán excluídos do proceso selectivo.

A puntuación total de cada aspirante na Fase de oposición, será a suma das puntuacións obtidas en cada un dos exercicios  aptos e será exposta no taboleiro de edictos do Consistorio e complementariamente na web municipal, outorgándose o prazo de alegacións establecido nas Bases xerais, sen perxuizo dos prazos legalmente procedentes para interposición de recurso de alzada ou calquera outro que as/os aspirantes consideren procedente en defensa dos seus intereses.

6.2  FASE DE CONCURSO: CARÁCTER NON ELIMINATORIO. BAREMO DE MERITOS

As/os aspirantes que superen a fase de oposición, pasarán á Fase de concurso, que se rexerá polo establecido ao respecto polas Bases xerais e polo Baremo específico de seguido determinado. A puntuación máxima posible nesta fase de concurso é de 40 puntos.

A/o aspirante deberá aportar xunto coa documentación acreditativa dos méritos alegados o Autobaremo establecido nesta Convocatoria específica (Anexo III). Aqueles aspirantes que non presenten o Autobaremo xunto coa documentación acreditativa no prazo de presentación de instancias ou no de subsanación, serán cualificados con 0 puntos nesta Fase de concurso.

A fase de concurso desenvolverase de conformidade ao Baremo de seguido determinado:

  1. FORMACIÓN ACADÉMICA (ate un máximo de 15 puntos, non sendo resultado das puntuacións máximas dos diferentes epígrafes)

Unicamente serán valorados aqueles méritos formativos relacionados coa praza convocada e/ou coa Administración pública, e realizados por centros homologados, colexios profesionais, sindicatos, Admóns. públicas e similares acreditados oficialmente.

 No suposto de non figurar o número de horas lectivas (ou conversión de equivalencia, ex: créditos) os cursos non serán valorados. No caso de cursos de informática non serán tidos en conta aqueles propios de informática de usuario, así como tampouco aqueles con máis de 10 anos de antigüidade.

 A valoración dos distintos cursos é excluínte, de xeito que non poderá valorarse dúas veces un único curso/título nin poderán valorarse fraccionadamente, isto é non serán valorados independentemente os cursos que formen parte dos créditos para obtención dunha titulación académica.

a.1.Formación directamente relacionada coas prazas convocadas e/ou funcións (máximo 10 puntos)

    • Outros Títulos universitarios distintos ao presentado como requisito de acceso,  Grao, Postgrao, Masters ou Doutoramento e/ou cursos de duración lectiva igual ou superior a 300 horas: 2 puntos por cada un
    • Cursos de 150h. a menos de 300 horas: 1,5 puntos por cada un
    • Cursos de 100h. a menos de 150 horas: 0,75  puntos por cada un
    • Cursos de 75h. a menos de 100 horas: 0,50  puntos por cada un
    • Cursos de 50h. a menos de 75 horas: 0,25  puntos por cada un
    • Cursos de 25h. a menos de 50 horas: 0,10  puntos por cada un
    • Cursos de 10h. a menos de 25 horas: 0,05  puntos por cada un

 

a.2.Outra formación  relacionada coa Administración pública (máximo 2 puntos)

Por formación relacionada coa Administración pública e indirectamente co posto de traballo, incluída formación transversal (xestión e arquivo de expedientes, administración electrónica e inclusive accións formativas en políticas de igualdade, organización de equipos humanos e similares sempre que non correspondan con formación directamente relacionada coas prazas convocadas): 0,10 por cada 20 horas acumuladas ate un máximo de 2 puntos

a.3.Informática (máximo 2 puntos)

    • Por cursos/formación de Informática directamente relacionados coas funcións da prazas convocadas (Autocad, Giss e similares )...: 0,15 puntos por cada 30 horas acumuladas ate un máximo de 2 puntos

Non se valorarán os cursos de informática de antigüidade superior a 10 ou mais anos e tampouco os propios de informática de usuario (procesador de textos, excel básico ...)

a.4. Idioma galego (máximo 1 punto)

    • Por cursos de galego de nivel superior ao de Perfeccionamento/Celga IV que exime da realización do 3º exercicio: Curso de linguaxe administrativa, nivel medio: 0,5 puntos; Nivel superior: 1 punto

Unicamente se valorará o de maior nivel.

  1. EXPERIENCIA PROFESIONAL (ate un máximo de 25 puntos)

As puntuacións de cada apartado do epígrafe de experiencia laboral son independentes e,  ningún caso,  poderá acadarse coa suma dos distintos apartados unha puntuación superior ao máximo de 25 puntos establecido:

A experiencia profesional deberá acreditarse con copia dos contratos de traballo máis o Informe de Vida laboral ou, no caso de Administracións públicas, xunto co Informe de vida laboral, no canto de tomas de posesión/contratos, poderá aportarse un certificado expedido polo Fedatario público da Admón. no que se especifique o posto de traballo, grupo de pertenza ou equiparación, duración do contrato/nomeamento e tipoloxía xornada. As puntuación da experiencia profesional referidas seguidamente están referidas a xornada completa, sendo que no suposto de xornada parcial, outorgarase a puntuación proporcional correspondente.

b.1.Por experiencia profesional como Arquitecto/a técnico/a- Enxeñeiro/a de edificación ou análogas, encadrados ou equiparables á unha praza convocada no subgrupo A2 (en réxime laboral ou funcionarial) en calquera Admón. Pública nas áreas de Obras/Servizos ou de Urbanismo:  1 punto por cada ano (12 meses acumulados) de prestación de servicios ate o máximo de 10 puntos.

b.2. Por experiencia profesional como Arquitecto/a técnico/a- Enxeñeiro/a de edificación ou análogas, encadrados ou equiparables ao subgrupo A2 (en réxime laboral ou funcionarial)  en calquera ámbito da Administración pública (local, provincial, autonómica ou estatal) noutras áreas competenciais distintas a Obras/Servizos ou Urbanismo: 0´75 puntos por cada ano (12 meses acumulados) de prestación de servicios ate o máximo de 10 puntos.

b.3. Por experiencia profesional como Arquitecto/a técnico/a- Enxeñeiro/a de edificación ou análogas, equiparable ao  subgrupo A2, na empresa privada como traballador/a por conta allea ou como experiencia profesional como autónomo (debendo estar este último caso de autónomo, acreditado no Informe de Vida laboral): 0´25 puntos por cada ano (12 meses acumulados) de experiencia profesional ate o máximo de 5 puntos.

As puntuacións de cada apartado outorgaranse sumando todos os meses de experiencia, dividendo entre 12 e multiplicando pola puntuación correspondente de cada apartado cun máximo de dous decimais ate o máximo establecido.

O Tribunal elaborará unha listaxe das puntuacións outorgadas aos aspirantes nesta Fase de concurso, que se fará pública no taboleiro de edictos e na web municipal, durante un prazo de 3 días hábiles para posibilitar a presentación de alegacións/reclamacións dos/as aspirantes. Transcorrido este prazo, o Tribunal resolverá as posibles alegacións e no caso de non existir, consideraranse definitivas as puntuacións outorgadas na fase de concurso proseguindo o proceso, sen perxuizo dos recursos que procedan a criterio e mellor defensa dos intereses das/os aspirantes.

A puntuación obtida na fase de concurso (máximo 40 puntos = 40% do total do proceso selectivo) de carácter non eliminatorio, non servirá para a superación de ningún exercicio da fase de oposición (máximo 60 puntos = 60 %)

7. Cualificación final e proposta nomeamento

O establecido nas Bases xerais. A puntuación final das probas selectivas, aos efectos de ordenación dos opositores na relación de aprobados virá determinada pola suma total das cualificacións obtidas en cada un dos exercicios obrigatorios da fase de oposición maila puntuación obtida na fase de concurso.

Sendo dúas as prazas convocadas, serán propostas/os a nomeamento as/os dúas/dous aspirantes que acaden a primeira e segunda posición na listaxe de puntuacións finais do proceso selectivo. As/os restantes aspirantes configurarán unha Listaxe por orde de prelación de cualificacións finais para casos de renuncia, rexeitamento, baixas e vacantes temporais de postos idénticos ou asimilados.

8. Presentación de documentación e efectivo nomeamento

 O establecido nas Bases xerais. A adscripción ao posto de traballo correspondente á praza convocada, terá carácter definitivo e será preciso a permanencia mínima de dous anos na mesma para poder acceder a outro posto por concurso.

9. Base excepcional: Medidas preventivas  COVID-19

Dada a actual situación sanitaria provocada pola pandemia do SARSCOVID-19, o Tribunal seleccionador, a través do/a Presidente deste, queda facultado para a adopción de tódalas medidas preventivas que se consideren apropiadas para maior seguridade no desenvolvemento do proceso selectivo.

Tales medidas aprobadas a través de Instrucións, deberán publicarse no taboleiro de edictos e web municipal xunto co chamamento de aspirantes para realización en modalidade presencial dos exercicios da fase de oposición, sendo de obrigada observancia por parte dos/as aspirantes. No suposto de que algun/ha aspirante se negue á observancia de calquera das medidas que sexan determinadas para a súa propia seguridade e de terceiros  (distanciamento, utilización de mascarilla homologada ou facilitada pola Administración, instrucións sobre entrada/saída á sala de exame ou análogas) o Tribunal queda capacitado para determinalo/a como non presentado, debendo recollelo explicitamente en Acta.

O Tribunal queda competencialmente capacitado para convocar a realización de algún ou varios exercicios vía telemática, de contar co programa procedente no momento de chamamento  para realización dos exercicios da fase de oposición, debendo publicar tal acordo no taboleiro de edictos e web municipal para xeral coñecemento dos/as aspirantes.

Calquera acordo e/ou instrución derivada desta excepcional situación poderá ser modificada segundo as recomendacións técnico sanitarias do momento concreto, contando o Tribunal co asesoramento do Servicio de Prevención por conta allea e do Comité de seguridade e saúde laboral, de ser preciso.

10. Norma final, lexislación aplicable e réxime recursos

Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven das mesmas, así coma as actuacións do Tribunal, poderán ser impugnadas  polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei de Réxime das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

O Tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que se presentaren e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo canto non estea previsto nestas bases.

A lexislación aplicable ao presente procedemento é a seguinte:

-RDlex 5/2015 , de 30 de outubro do texto refundido do EBEP

−Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública (naquelas disposicións aínda vixentes e que sexan básicas)

−Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

−Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexislativo 781/1986, de 13 de xuño (naquelas disposicións básicas).

- Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia. 

−Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia.

−Texto refundido da Lei de igualdade das mulleres de Galicia.

−Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local.

−Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demais disposicións aplicables.

-Lei 53/1984, 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas.

- Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento administrativo Común das Administracións Publicas e Lei 40/2015 de 1 de outubro  de Réxime xurídico do sector público

As presentes bases, así como cantas actos administrativos se deriven delas e da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento administrativo Común das Administracións Publicas e Lei 40/2015 de 1 de outubro  de Réxime xurídico do sector público.

ANEXO I: MODELO INSTANCIA

D/Dona ...................................................................................... con DNI núm: ..................................................

con enderezo...................................................................C.P.................... Localidade........................................

e teléfono de contacto............................................ e e-mail................................................................................

EXPÓN:

Que tendo coñecemento da apertura do prazo de presentación de instancias de 2 prazas de persoal funcionario de carreira de ARQUITECTO/A TÉCNICO-ENXEÑEIRO/A DE EDIFICACIÓN DE OBRAS/SERVICIOS, e

Declarando explicitamente cumprir os requisitos establecidos nas Bases reguladoras da convocatoria e, ase mesmo, declarando non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ditos postos e, non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Publicas, nin estar inhabilitado para o desenvolvemento de funcións publicas por sentenza firme.

E efectuando pola presente Declaración responsable da  exactitude e veracidade da  documentación que se aporta xunto á presente:

1- DNI

2- Titulación establecida como requisito de acceso na categoría á que opta

3- Acreditación de coñecemento de lingua galega para exención de realización de proba de galego (CELGA IV ou perfeccionamento ou equivalente)

4.- Autobaremo xunto coa documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais, de conformidade ao Baremo contido nas presentes Bases

5.- Documento acreditativo do pago de taxas de exame.

5.- Acreditación de discapacidade non incapacitante, de se-lo caso e/ou especificación de medidas de adaptación para realización dos exercicios da fase de oposición.

Por todo o exposto SOLICITA:

Sexa admitida esta Instancia para participar na convocatoria enriba referida, correspondente á OEP 2017.

Data, DNI e  Sinatura do/a aspirante:

 

INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS.- De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é o CONCELLO DE ARTEIXO, con dirección PRAZA ALCALDE RAMÓN DOPICO Nº 1-15142 ARTEIXO (A CORUÑA). Os seus datos serán utilizados para o trámites estrictamente necesarios relacionados coa súa solicitude O feito de que non nos facilite parte da información solicitada poderá suponer a imposibilidade de prestarlle o servizo solicitado. Os datos facilitados conservaranse mentres non se solicite a supresión dos mesmos e durante o tempo necesario para dar cumprimento ás obrigacións administrativas derivadas da súa solicitude e, os mesmos poderán ser publicados nas listaxes resolutivas de admitidos, no Boletín Oficial correspondente, taboleiro de edictos municipal e páxina web. Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento. O CONCELLO DE ARTEIXO dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade na dirección PRAZA ALCALDE RAMON DOPICO, Nº 1-15142, ARTEIXO (A CORUÑA), aportando copia do seu DNI.

AO SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARTEIXO

ANEXO II.- TEMARIO

TEMARIO XERAL

  1. Constitución española. Título Preliminar e Título I. Estrutura. Principios xerais. Dereitos e deberes dos cidadáns.
  2. Constitución española. Título  II  e Título III . A Corona, o Rei e o Refrendo. As Cortes xerais e a elaboración das Leis.
  3. Constitución española. Título   IV e Título V . Do Goberno e da Administración. Das relacións do Goberno e as Cortes xerais
  4. Constitución española. Título   VI e Título VII. Do Poder xudicial. Economía e Facenda
  5. Constitución española. Título   VIII , Título IX e Título X. A organización territorial do Estado. Tribunal Constitucional. A reforma constitucional
  6. Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia
  7. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Título Preliminar e Título I.  Disposicións xerais. Interesados no procedemento
  8. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Título II  Actividade das Admóns. públicas.
  9. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Título III. Dos actos administrativos
  10. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Título IV. Das disposicións do procedemento administrativo común
  11. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Título V e Título VI. Revisión dos actos en vía administrativa. Iniciativa lexislativa e potestade regulamentaria.
  12. Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público: Título Preliminar. Cap. I,  II e III
  13. Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público: Título Preliminar. Cap. IV, V e VI
  14. Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Título I
  15. Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Título II
  16. Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Título III e IV
  17. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local: Título Preliminar e Título I e II. Disposicións xerais. O municipio.
  18. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local: Título Preliminar e Título II, IV e V. A provincia. Outras entidades locais. Disposicións comúns
  19. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local: Título Preliminar e Título VI, VII e VIII. Bens, Persoal e Facendas Locais
  20. Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local.
  21. Lei 27/2013 de 27 de decembro de Racionalización e sostenibilidade da Administración Local, de modificación da Lei de Bases 7/85 de 2 de abril
  22. Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, do Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. Tipoloxía de persoal público; procedementos selectivos de acceso e provisión e dereitos e deberes do persoal público.
  23. Lei 2/2015, de 29 de abril, do Emprego Público de Galicia. Situacións administrativas, permisos e licenzas do persoal público.
  24. Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas.
  25. A Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. Especial referencia á delimitación dos tipos contractuais e á aptitude para contratar co sector público
  26. A Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. Pregos administrativos e pregos técnicos: características e contido. A  preparación dos contratos nas Administracións Públicas.
  27. A Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público: Tipos de contratos administrativos. Contratos suxetos a regulación armonizada.
  28. A Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público: Contrato de Obras: Actuacións preparatorias do contrato de obras. Execución do contrato de obras. Modificación do contrato. Cumplimento do contrato. Resolución do contrato.
  29. Orzamento municipal. Estrutura de ingresos e gastos. Procedemento de aprobación e modificación.
  1. Políticas de igualdade: Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Promoción da igualdade no eido empresarial: os plans de igualdade. Concepto. Obxectivos, contido e fases de implantación.
  2. Marco legal e principios xerais da Protección de Datos de Carácter Persoal na Admón. Pública.
  3. Arteixo: características demográficas, poboacionais e económicas do termo municipal.

Temario específico

  1. R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o TRLS e Rehabilitación Urbana Situacións básicas de solo. Contido do dereito de propiedade do solo en situación rural ou vacante de edificación: deberes e cargas. Contido do dereito de propiedade do solo en situación de urbanizado: deberes e cargas.
  2. R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o TRLS e Rehabilitación Urbana: Valoracións. Ámbito do réxime de valoracións. Criterios xerais para a valoración de inmobles. Valoración no solo rural.
  3. .R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o TRLS e Rehabilitación Urbana: Valoración no solo urbanizado. Valoración do solo no réxime e equidistribución de beneficios e cargas. Réxime da valoración.
  4. R.D. 1492/2011, do 24 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de valoracións da Lei do Solo. Conceptos e criterios xerais para a realización das valoracións.
  5. R.D. 1492/2011, do 24 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de valoracións da Lei do Solo. Valoración en situación de solo rural. Valoración en situación de solo urbanizado.
  6. R.D. 1492/2011, do 24 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de valoracións da Lei do Solo. Indemnizacións e gastos de urbanización.
  7. Normativa urbanística aplicable na Comunidade Autónoma de Galicia: Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).
  8.  O Regulamento da Lei do solo de Galicia, aprobado por Decreto 143/2016, do 22 de setembro (RLSG).
  9. Réxime do solo urbano e Réxime do solo urbanizable.
  10. Réxime do solo de núcleo rural e Réxime do solo rústico
  11. O Plan Básico Autonómico.
  12. O Plan xeral de ordenación municipal (PXOM).
  13. Planeamento de desenvolvemento dos PXOM. Plans Parciais. Plans Especiais.
  14. Outras figuras de planeamento. Delimitacións do SNR. Estudos de Detalle. Catálogos.
  15. Vixencia e modificación dos instrumentos de planeamento urbanístico.
  16. Execución e conservación das obras de urbanización. Proxectos de urbanización. Obras de urbanización. Conservación da urbanización.
  17. Ordes de execución. Obxecto. Contido. Procedemento.
  18. Títulos habilitantes de natureza urbanística. Licenzas urbanísticas. Comunicacións previas.
  19. Parcelacións. Instrumentos de ordenación do territorio.
  20. Plan de ordenación do litoral de Galicia. Áreas continuas. Áreas descontinuas. Asentamentos. Regulación de uso específica para cada área ou elemento.
  21. Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Zonificación. Usos permitidos, usos autorizables e prohibidos. Normas específicas para cada zona.
  22. Lexislación de Costas. Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas. RD. 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Costas. O dominio público marítimo terrestre.
  23. Limitacións da propiedade sobre os terreos contiguos á ribeira do mar por razóns de protección do DPMT: servidume de protección, servidume de tránsito e servidume de acceso ao mar.
  24. Lexislación de Augas. Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas. Regulamento do Dominio Público Hidráulico: Bens que o integran. Protección do DPH. Fins. Réxime de usos.
  25. Lexislación de Estradas de Galicia. Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Galicia (LEG). Lei 6/2015, do 7 de agosto, pola que se modifica a LEG.
  26.  Regulamento xeral de Estradas de Galicia (RLEG). Dominio Público Viario. Concepto de estradas.
  27. Clasificación das estradas. Treitos urbanos. Travesías. Protección do Dominio Público Viario.
  28. Lexislación do Patrimonio Cultural de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Catálogos urbanísticos de protección do patrimonio cultural. Plans programas e proxectos con incidencia sobre o territorio. Autorizacións. Niveis de protección. Actuacións autorizables segundo os niveis de protección. Disposición transitoria cuarta. Planeamento municipal
  29. Lexislación do Patrimonio Natural de Galicia. Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. Categorías de espazos naturais protexidos, definicións. Composición da rede galega de espazos protexidos.
  30. Clasificación do instrumentos de planificación do recursos e dos espazos naturais que hai que protexer. Regulación dos usos e das actividades nos espazos naturais protexidos.
  31. Normativa vixente en materia de accesibilidade, de carácter estatal e autonómico.
  32. Código Técnico de Edificación: Obxecto. Ámbito de aplicación. Condicións xerais para o cumprimento do CTE. Esixencias Básicas. Condicións e contido do proxecto.
  33. Disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción. Disposicións xerais. Disposicións específicas de seguridade e saúde durante as fases do proxecto e execución das obras. Avaliación e prevención de riscos en obras e actividades que non requiran proxecto.
  34. Xestión e tratamento de residuos no sector da construción. Reciclaxe de residuos.
  35. Plan xeral de ordenación municipal de Arteixo. Réxime urbanístico de aplicación nas distintas clases de solo. Condicións particulares dos usos.
  36. Lei 31/1995 de 8 de novembro de Prevención de Riscos Laborais. Regulamento dos servizos de prevención (RD 36/1997). As obrigas de prevención de riscos na subcontratación
  37. Responsabilidade patrimonial na administración local.
  38. Ordenanza municipal do Concello de Arteixo de obras e servicios no dominio público (Ordenanza non fiscal num.18)
  39. Ordenanza municipal do Concello de Arteixo do control e supervisión da execución de obras (Ordenanza non fiscal num.36)
  40. Eficiencia enerxética: Real Decreto 390/2021, de 1 de junio, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios.
  41. Eficiencia enerxética: Decreto 128/2016, de 25 de agosto, polo que se regula a certificación enerxética de edificios na CA de Galicia.
  42. Expropiación Forzosa na Lei de 16 de diciembre de 1954 e Regulamento da Lei de Expropiación Forzosa de 26 de abril de 1975.
  43.  Expropiación Urbanística na Lei 2/2016 do Suelo de Galicia e Decreto 143/2016, polo que se aproba o Reglamento da LSG.

ANEXO III: AUTOBAREMO

D./Dª. ..........................................................................................declara pola presente, a veracidade dos méritos alegados no proceso selectivo ao que opta (para autobaremar os seus méritos siga estritamente o establecido nas bases reguladoras e verifique que achega a documentación acreditativa solicitada segundo as mesmas)

A. FORMACIÓN (máximo 15 puntos)

Apartado A.1 (formación directamente relacionada)

Entidade formadora

Título curso

Nº horas lectivas

Puntos

 

 

 

 

 

 

 

 

(Engada tantas liñas como necesite)

Apartado A.2 (outra  formación)

Entidade formadora

Título curso

Nº horas lectivas

Puntos

 

 

 

 

 

 

 

 

(Engada tantas liñas como necesite)

Apartado A.3 (informática)

Entidade formadora

Título curso

Nº horas lectivas

Puntos

 

 

 

 

 

 

 

 

(Engada tantas liñas como necesite)

Apartado A.4 (lingua galega)

Entidade formadora

Titulación (especifique)

Puntos

 

 

 

 

 

 

(Engada tantas liñas como necesite)

PUNTUACIÓN APARTADO A (máximo 15 puntos): ................... puntos

 

B.  EXPERIENCIA PROFESIONAL (máximo  25 puntos)

Administración // Empresa

Posto traballo

(Especifique B.1, B.2,B.3)

Datas

inicio e remate

Nº meses

Grupo cotización

Puntos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

( Engada tantas liñas como necesite)

PUNTUACIÓN APARTADO B (máximo 25 puntos): ..................... puntos

TOTAL CURRICULO AUTOBAREMADO: PUNTUACIÓN A+B (máximo 40 puntos): ................ puntos

 

Sinatura do/a aspirante

 

En ......................., o día …...... de.......................... de ................(data/mes/ano)

 

Asina dixitalmente: Carlos Calvelo Martínez, Alcalde-Presidente

 


Justificantes de Publicación: