Sede electrónica Ayuntamiento de Arteixo

00:06:08 Sábado 25 de junio 2022

Información

Departamento de Persoal e RR.HH.

28/12/2021

CONVOCATORIA E BASES ENXEÑEIRO/A TÉCNICO INDUSTRIAL ADSCRITO A OBRAS E SERVIZOS

Por Decreto de Alcaldía nº 3938/2021 de data vinte e dous de decembro de dous mil vinte e un, apróbanse a convocatoria e as bases para a provisión en propiedade, a través do procedemento de CONCURSO-OPOSICIÓN de unha praza de persoal funcionario de Enxeñeiro/a Técnico Industrial de Obras/Servizos, que de seguido se expoñen:

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE DE UNHA PRAZA DE TÉCNICO DE ADMINISTRACION ESPECIAL, PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA, DE ENXEÑEIRO/A TÉCNICO INDUSTRIAL DE OBRAS/SERVIZOS DO CONCELLO DE ARTEIXO

1.Obxeto

É obxecto da presente, a regulación do proceso selectivo de ESTABILIZACIÓN a través do procedemento de Concurso-Oposición, da cobertura en propiedade de unha praza de persoal funcionario de carreira de ENXEÑEIRO/A TÉCNICO INDUSTRIAL DE OBRAS/SERVIZOS correspondente ao Grupo A, Subgrupo A2 (establecidos no art. 76 do RDLex 5/2015 de 30 de outubro do texto refundido do EBEP), encadradas na Escala de Admón. Especial, Subescala Técnica incluída na OEP 2017 do Concello de Arteixo. (BOP A Coruña nº 99 de 29 de maio 2017)

Entre outras funcións propias da súa categoría profesional, serán encomendadas as seguintes:

Control e seguemento da execución das obras municipais referidas ás competencias da súa titulación habilitante, así como supervisión das obras de empresas subministradoras de servizos públicos e particulares; inspección e informe de servizos urbanos; redacción de proxectos e dirección de obra, así como coordinación da seguridade das obras municipais; realización de medición e demais trámites para liquidación de obras e para a súa recepción; realización de informes técnicos, valoracións orzamentarias e outros propios da súa competencia profesional; colaboración na actualización e mantemento do inventario municipal; responsable directo do persoal de oficios adscrito ao Dpto. de Obras, mantemento e servizos, baixo coordinación do responsable político de área e da Alcaldía-Presidencia.

As presentes Bases específicas réxense polas Bases xerais aprobadas por Decreto nº 414/2021 de data 18/02/2021 e publicadas no BOP de A Coruña nº 36 de 24/02/2021 e emenda aprobada por Decreto nº 1157/2021 de 05/05/2021 e publicada no BOP de A Coruña nº 95 de 24/05/2021, e posterior modificación das Bases xerais aprobada por Decreto nº 3196/2021 de 21/10/2021 e publicada no BOP de A Coruña nº 210 de 04/11/2021, determinándose coas presentes aqueles aspectos propios e específicos da convocatoria da praza sinalada.

As retribucións actuáis corresponden ás propias dunha praza de técnico de Admón. especial do subgrupo A2, cunha dotación actual de créditos no Orzamento municipal de 24.758,02 € brutos anuais, sen perxuizo de ulteriores modificacións retributivas da nova Relación de postos de Traballo, aprobada definitivamente no pasado Pleno ordinario de Novembro e con previsión de entrada en vigor o 01/01/2022

2. Requisitos esixidos

2.1.- Para ser admitido á realización de estas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

1.º Nacionalidade: Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real Decreto 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

2.º Capacidade: Posuír a capacidade funcional para o desempeño das funcións que se deriven do posto por desempeñar.

3.º Idade: Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non haber alcanzado a idade máxima de xubilación forzosa.

4.º Habilitación: Non ter sido separado do servizo de calquera Administración Pública, de órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas mediante expediente disciplinario, nin acharse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, tanto para o acceso á función pública como para exercer funcións similares como persoal laboral sen que fose separado ou inhabilitado.

No caso dos estranxeiros, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado de orixe, o acceso ao emprego público nos mesmos termos que os dos españois.

5.º Titulación: Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos académicos ou en condicións de obtelo na data en que remate o pazo de presentación de instancias: ENXEÑEIRO/A TÉCNICO INDUSTRIAL ou titulación equivalente habilitante para o exercicio profesional da praza convocada.

Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar en posesión da correspondente credencial de homologación ou, no seu caso, do correspondente certificado de equivalencia.

Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional no ámbito das profesións reguladas ao amparo das disposicións de dereito comunitario.

6º. Posuír un título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua Galega CELGA IV, equivalente ou superior. Os aspirantes que non a acrediten deberán superar unha proba de coñecemento da lingua galega.

2.2 Os requisitos establecidos deberán posuírse no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o proceso selectivo ata o momento da toma de posesión como funcionario de carreira.

3. Instancias e prazos de presentación

As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo dirixiranse á Alcaldía-Presidencia. Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no modelo debidamente cumprimentado na sede electrónica ou poderán presentarse en calquera das formas determinadas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, toda vez se teñan publicadas as presentes Bases reguladoras no BOP de A Coruña e anuncio de convocatoria no DOG.

Complementariamente, as bases publicaranse na web municipal aos meros efectos informativos, sen que tal publicidade sirva para determinación algunha de prazos de presentación de instancias.

Para ser admitido e, no seu caso, tomar parte nas probas selectivas correspondentes, o/as aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas, referidas sempre á data de expiración do prazo de presentación.

Á instancia acompañarase inescusablemente da seguinte DOCUMENTACIÓN:

    • DNI (no seu defecto, resgardo do DNI, pasaporte ou carné de conducir).
    • titulación requirida
    • Declaración xurada específica dos requisitos contemplados na Base 2º. 4º)  ou, no seu caso, declaración contida no Modelo de Instancia adxunto ás presentes Bases.
    • Curriculo vitae segundo esquema do Baremo de méritos establecido nas presentes Bases con copia de tódolos méritos académicos e profesionais. Os méritos profesionais deberán acreditarse con copia dos contratos de traballo mailo Informe de Vida laboral ou, no caso de Administracións públicas, copia do contrato e/ou acta de nomeamento  e Certificado expedido polo Fedatario público da Admón. no que deberá reflexarse o grupo/subgrupo do praza desempeñada, cómputo de datas e especificación da xornada (completa ou parcial) .
    • Copia  do Celga IV, Título de perfeccionamento ou titulación equivalente, aos efectos de exención de realización de proba de galego.

-   Carta de pagamento de ter aboado os dereitos de exame nos servizos económicos municipais (Tesourería) ou  copia compulsada do xustificante de ingreso nas contas municipais designadas (que serán facilitadas telefonicamente aos interesados). Ningún caso a presentación e pago da taxa por  dereitos de exame suporá substitución do trámite de presentación de instancia. Asemade a  ausencia de xustificante do abono dos dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de instancias, non poderá ser obxecto de subsanación,  determinando  a exclusión do/a aspirante.

Quedarán exentos do pagamento das taxas de dereito de exame, aqueles aspirantes que acrediten minusvalía e/ou situación de desemprego de longa duración (a tal efecto deberá aportarse xunto coa instancia o certificado de minusvalía superior ao 33% ou certificado do INEM de estar en situación de desemprego durante 1 ano ou mais tempo) segundo a Ordenanza fiscal nº 11 do Concello de Arteixo.

  1. As taxas de dereitos de exame establécense en 30,20 €. O  pago de taxa de dereitos de exame, poderá realizarse presencial ou telematicamente a través da web municipal (www.arteixo.org // servicios económicos // Ciudadanía // Oficina virtual tributaria / realizar pago on line / Taxas. Para o pago telemático precisará un número de recibo que deberá ser facilitado polo Dpto de Rendas). En calquera caso, para instrucións de pago de taxas, recoméndase  remitir email ao Dpto. de Rendas municipal (rendas@arteixo.org) ou poñerse en contacto telefonicamente

Os dereitos de exame establécense só serán devoltos a quen non fora admitido/a ao proceso selectivo por non reunir os requisitos esixidos nas presentes bases, isto é unicamente a aqueles aspirantes que resulten excluídos na Listaxe definitiva.

4.  Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de instancias a Alcaldía-Presidencia ditará Resolución pola que se declarará aprobada a listaxe provisional de admitidos e excluídos con indicación, se é o caso, dos motivos de exclusión e do prazo para subsanación da documentación que, segundo os termos da Lei 39/2015 é de 10 días hábiles dende a publicación no BOP de A Coruña,  taboleiro de anuncios e sede electrónica da aprobación da listaxe provisional. Complementariamente e unicamente aos efectos informativos a listaxe provisional publicarase na páxina web municipal.

Na listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos, tamén se designará  nominativamente aos membros integrantes do Tribunal seleccionador.

No caso de non existiren aspirantes excluídos, poderase elevar a definitiva a listaxe provisional na mesma resolución. Publicarase no BOP, taboleiro de edictos da Casa do Concello, así como na sede electrónica e complementariamente aos meros efectos informativos, na páxina web municipal, a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos e o lugar, día e hora de comezo das probas selectivas. Esta publicación será determinante para os efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na lei.

Comezado o proceso selectivo, a publicación dos sucesivos anuncios para a celebración das probas restantes, así coma a listaxe dos aspirantes aprobados en cada exercicio, efectuarase no taboleiro de Edictos da Casa do Concello e web municipal.

5. Tribunal cualificador

5.1. No Decreto da Alcaldía de aprobación da listaxe provisional, designarase nominativamente a  composición do tribunal cualificador, con titulares e suplentes, aos efectos dos supostos de abstención/recusación dos membros designados.

5.2. O tribunal cualificador nomearase de conformidade co artigo 55.1.c) e d) e art. 60 do Texto Refundido da Lei 7/2007 do Estatuto do Empregado Público, así como garantindo os criterios de  competencia técnica, nivel de titulación e paridade na súa composición, de conformidade ao establecido na Lei de Igualdade do Home e da Muller e estará composto do seguinte xeito:

Presidente/a: Persoal funcionario de carreira do grupo/subgrupo A1- A2  do Concello de Arteixo ou doutra administración pública. (titular e suplente)

Secretaria/o, quen actuará con voz e voto: O/a secretario/a da Corporación ou funcionario da Corporación que o substitúa. (titular e suplente)

Vogais: Tres vogais, sendo funcionario de carreira  ou persoal laboral fixo de calquera  Administración pública, da área competencial da praza convocada, preferentemente da Administración local.

O Tribunal poderá dispoñer da incorporación de asesores especialistas cando as circunstancias así o aconsellen, os cales actuarán con voz e sen voto.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concorran neles algunhas das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Así mesmo, os interesados poderán promove-la recusación de acordo co sinalado no artigo 24 da citada norma.

5.3 O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia, cando menos, de tres dos seus membros, sendo preceptiva a asistencia do Presidente e do Secretario, titular ou suplente.

5.4 O Tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes tódalas dúbidas e propostas que xurdan para aplicación das normas contidas nestas bases e estará facultado para resolver as cuestións que se poidan suscitar durante o proceso selectivo, así como adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde do concurso-oposición en todo o que non estea previsto nas Bases.

5.5 Os  acordos adoptados polo Tribunal cualificador  serán impugnables nos supostos e na forma establecida pola Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Os membros do Tribunal terán dereito a asistencias pola súa participación nas sesións do Tribunal de acordo co disposto no artigos 1.1d) e 27.1b), 29 e 30 e Anexo IV do RD 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

5.6 Na Resolución de aprobación da listaxe definitiva entenderanse resoltas (estimadas/desestimadas) as solicitudes de emenda/subsanación, así como  recusación/abstención dos membros do Tribunal, de ser o caso.

6.- Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.

 Desenvolvemento do proceso selectivo: O proceso selectivo a través de procedemento de concurso-oposición, consistirá nunha fase de concurso (40%), posterior á fase de oposición (60%), de conformidade ao seguinte.

6.1 FASE DE OPOSICIÓN: CARÁCTER ELIMINATORIO.

6.1.1 Desenvolvemento da fase de oposición

a. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, e serán excluídos do proceso selectivo quen non compareza, salvo casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados discrecionalmente polo tribunal.

b. A orde de actuación dos opositores naqueles exercicios ou probas que non podan realizarse conxuntamente, iniciarase alfabeticamente por aqueles cuxo primeiro apelido comece pola letra «B», de conformidade co previsto Resolución de 21 de xullo de 2020, da Secretaría de Estado de Política Territorial e Función Pública ( BOE num. 201 de 24 de xullo)

c. Unha vez comezado o proceso selectivo, os anuncios de celebración dos exercicios  faranse públicos no taboleiro de edictos e, complementariamente, na web municipal e na sede electrónica cunha antelación que posibilite que dende a total conclusión dun exercicio ou proba ata o comezo do seguinte,  deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas.

Cando o tribunal o considere conveniente, poderá acordar a celebración de varios exercicios nunha mesma xornada, concedéndolle aos opositores un descanso mínimo de trinta minutos entre a celebración destes.

d. En calquera momento do proceso selectivo os órganos competentes de selección poderán requirir aos opositores para que acrediten a súa identidade. Non obstante, os exercicios da fase de oposición realizaranse con código de anonimato.

e. Se en calquera momento do proceso selectivo chegara a coñecemento do Tribunal que algún dos aspirantes non cumpre tódolos requisitos esixidos pola presente convocatoria, previa audiencia do interesado, deberá propoñer a súa exclusión ao Sr. Alcalde, indicando as inexactitudes ou falsidades formuladas polo aspirante na solicitude de admisión a estas probas selectivas, aos efectos procedentes.

f. Concluído cada un dos exercicios da oposición, o Tribunal fará pública, no taboleiro de anuncios e na web municipal, a relación de aspirantes que acadaran o mínimo establecido para superalo con indicación da puntuación (no caso de exercicios eliminatorios) ou ben a cualificación obtida (no caso de exercicios non eliminatorios), podendo publicarse nome e apelidos parciais ou dni parcial ou código de anonimato dos aspirantes presentados.

g. O Tribunal adoptará as medidas necesarias para garantir que os exercicios que teñan que ser corrixidos directamente polo Tribunal sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes. O Tribunal excluirá a aqueles candidatos en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do opositor/a.

A tal efecto, unha vez efectuada a corrección dos exercicios indicados, procederase por parte do Tribunal á apertura dos sobres pechados que permitan asociar a cada aspirante co seu código identificativo.

h. Os exercicios que se celebren por escrito con desenvolvemento de texto  poderán ser lidos publicamente, se así o acorda o tribunal xulgador.

Como norma xeral, establecerase un prazo de tres días hábiles, contados dende a data de publicidade das cualificacións dos distintos exercicios, para solicitar revisión de exámenes realizados ou para presentar reclamaciones sobre cualificacións outorgadas polo Tribunal. Todo isto sen perxuizo do establecido legalmente na Base final sobre impugnacións das actuacións do Tribunal e sen que isto implique paralización ou suspensión do proceso selectivo, salvo que o Tribunal así o considere para maior seguridade xurídica do procedemento.

Con carácter xeral en todos os exercicios da fase de oposición teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas no temario que estea en vigor no momento de publicación da relación definitiva de aspirantes admitidos.

Co fin de respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer o acceso ao emprego público, o Tribunal deberá cualificar os exercicios dos aspirantes de acordo cos criterios de corrección e os baremos de puntuación establecidos nesta convocatoria e, no suposto de desenvolver os mesmos, deberá acreditar o coñecemento destes por parte dos/as aspirantes con carácter previo á realización dos exercicios.

6.1.2 ..- Exercicios da fase de Oposición.

A oposición constará de 3 exercicios, todos eles obrigatorios e dous deles eliminatorios, de modo que non poderán pasar ao seguinte exercicio o/as aspirantes que non acaden a cualificación mínima establecida para cada un dos exercicios eliminatorios.

A puntuación máxima que se poderá acadar na fase de oposición será de 60  puntos.

 Primeiro exercicio: EXAME TEÓRICO TIPO TEST Carácter obligatorio e non eliminatorio: 10 puntos máximo.

Consistirá na realización dun exercicio teórico consistente na realización dun exame tipo test de 50 preguntas con 4 alternativas de resposta (mais 10 preguntas de reserva), preparadas con carácter previo polo Tribunal e relacionadas co temario anexo á presente convocatoria (temario xeral e temario específico)

A cualificación máxima deste exercicio é de 10 puntos. Cada resposta correcta puntuará 0,20 puntos, cada resposta errada restará 0,10 e as respostas non contestadas (en branco) non descontan

A duración máxima para a realización deste exercicio será dunha hora (60 min), podendo o Tribunal determinar tempos inferiores se así o estima conveniente.

Segundo exercicio: EXAME PRÁCTICO (Carácter obrigatorio e eliminatorio): 50 puntos máximo, mínimo 25 puntos para superalo.

Consistirá na resolución dun ou varios supostos prácticos (máximo 5) propostos polo Tribunal con carácter inmediatamente previo á realización do exame, relacionados co temario xeral e/ou específico anexo ás presentes bases e/ou coas funcións propias da praza convocada, durante un tempo máximo de tres horas. O Tribunal queda competencialmente capacitado para determinar tempos inferiores de realización deste exercicio.

O exercicio será cualificado de 0 a 50 puntos, sendo necesario acadar unha puntuación de 25 puntos para o superar, dado o seu carácter eliminatorio

Toda vez rematado o tempo de exame, o Tribunal poderá determinar a lectura do exercicio si así o estima conveniente, quedando capacitado para realizar canta pregunta/aclaración  consideren en relación á exposición escrita dos aspirantes. A lectura do exercicio ningún caso poderá ser superior a 30 minutos para cada un dos aspirantes.

No suposto de que algún aspirante non proceda á lectura, no suposto de que o tribunal determine a mesma, a cualificación do exercicio será directamente non apto, sen mais avaliación.

Para a resolución deste exercicio, o/a opositor poderá utilizar normativa estatal e autonómica en documento papel. Durante o desenvolvemento desta proba e a criterio do tribunal, o/as aspirantes poderán consultar os textos técnicos, legais e xurisprudenciais non comentados dos que acudan provistos. Os membros do Tribunal quedan competencialmente capacitados para revisar o apoio documental dos aspirantes.

Neste exercicio, valorarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos plantexados. Estimarase especialmente a sistemática na proposta, a formulación de conclusións, coñecemento e axeitada aplicación da normativa vixente e a ponderación de cada un destes criterios en cada un dos supostos será posto en coñecemento dos aspirantes con carácter previo á realización do exercicio. Así mesmo, no caso de poñerse varios supostos prácticos polo Tribunal e si se valoran con distinta puntuación cada un deles, deberá indicarse no exercicio entregado ao opositor, a puntuación de cada un deles e o desenvolvemento dos criterios de cualificación xerais determinados, de selo caso.

Terceiro exercicio: Coñecemento de galego. Terá carácter obrigatorio, e eliminatorio, sendo a cualificación de APTO ou NON APTO.

Consistirá na tradución escrita directa dun texto en castelán facilitado polo tribunal, á lingua galega, nun tempo máximo de 30 minutos. O texto será escollido polo Tribunal cualificador do proceso selectivo inmediatamente antes de celebrarse a proba, podendo formarse con parágrafos de distintos textos, correspondéndolle ao Tribunal a fixación do nivel de coñecemento esixido para superar esta proba, dado que o texto non poderá ter mais de 100 palabras, sendo cualificados como non aptos aqueles aspirantes que teñan 10 erros ou máis (tanto de tradución, como de gramática como de acentuación)

Deberan realizar esta proba aqueles aspirantes que non presenten o certificado no prazo de presentación de instancias e referido á data de remate, de ter superados os estudos conducentes á obtención do nivel do coñecemento do galego CELGA IV esixido, expedido por organismo oficial para tal efecto, ou título acreditativo expedido por entidade académica para tal fin. Os/as aspirantes que acrediten a posesión do referido título estarán exentos da realización desta proba, considerándose neste caso directamente como APTO.

Os aspirantes que non acreditasen estar en posesión do CELGA IV ou equivalente e que non superasen esta proba quedarán excluídos do proceso selectivo.

6.2 FASE DE CONCURSO: CARÁCTER NON ELIMINATORIO. BAREMO DE MERITOS

Os/as aspirantes que superen a fase de oposición, pasarán á fase de concurso de méritos. A fase de concurso desenvolverase de conformidade ao Baremo de seguido determinado, sendo imprescindible que o/a aspirante aporte un Currículo vitae segundo este esquema de Baremo, que deberá acompañar de toda a documentación acreditativa de tales méritos

A puntuación máxima posible nesta fase de concurso é de 40 puntos.

FORMACIÓN ACADÉMICA (ate un máximo de 5 puntos, non sendo resultado das puntuacións máximas dos diferentes epígrafes)

Unicamente serán valorados aqueles méritos formativos relacionados coa praza convocada e/ou coa Administración pública, e realizados por centros homologados, colexios profesionais, sindicatos, Admóns. públicas e similares acreditados oficialmente. No suposto de non figurar o número de horas lectivas (ou conversión de equivalencia, ex: créditos) os cursos non serán valorados. No caso de cursos de informática non serán tidos en conta aqueles propios de informática de usuario, así como tampouco aqueles con máis de 10 anos de antigüidade.

 A valoración dos distintos cursos é excluínte, de xeito que non poderá valorarse dúas veces un único curso/título nin poderán valorarse fraccionadamente, isto é non serán valorados independentemente os cursos que formen parte dos créditos para obtención dunha titulación académica.

Formación directamente relacionada coa praza convocada e/ou funcións (máximo 5 puntos)

    •  Outros Títulos universitarios de Grao distintos ao establecido como requisito de acceso, Posgrao, Masters ou Doutoramento e/ou cursos de duración lectiva igual ou superior a 300 horas, incluido o Master de Prevención : 2 puntos por cada un.
    • Cursos de 150 a menos de 300 horas: 1,5 puntos por cada un
    • Cursos de 100 a menos de 150 horas: 0,75  puntos por cada un
    • Cursos de 75 a menos de 100 horas: 0,50  puntos por cada un
    • Cursos de 50 a menos de 75 horas: 0,25  puntos por cada un
    • Cursos de 25 a menos de 50 horas: 0,15  puntos por cada un
    • Cursos de menos de 25 horas: 0,05 puntos por cada un

 

Outra formación  relacionada coa Administración pública ( máximo 2 puntos)

Por formación relacionada coa Administración pública e indirectamente co posto de traballo, incluída formación transversal (procedemento administrativo, xestión de expedientes, contratación administrativa, administración electrónica e inclusive accións formativas en  políticas de igualdade, organización de equipos humanos e similares): 0,05 por cada 20 horas acumuladas ate un máximo de 2 puntos

Informática (máximo 2 puntos)

    • Por cursos/formación de Informática relacionados coas funcións da praza convocada, en programas de Autocad, GISS ou outros similares relacionados coas funcións: 0,15 puntos por cada 30 horas acumuladas ate un máximo de 2 puntos

Idioma galego (máximo 1 punto)

    • Por cursos de galego de nivel superior ao de Perfeccionamento/Celga IV que exime da realización do 4º exercicio: Curso de linguaxe administrativa, nivel medio: 0,5 puntos; Nivel superior: 1 punto

EXPERIENCIA PROFESIONAL (ate un máximo de 35 puntos)

As puntuacións de cada apartado do epígrafe de experiencia laboral son independentes aplicándose o límite máximo de 35 puntos e ningún caso poderá acadarse coa suma dos distintos  apartados unha puntuación superior ao máximo de 35 puntos establecido:

A experiencia profesional deberá acreditarse con copia dos contratos de traballo máis o Informe de Vida laboral ou, no caso de Administracións públicas, certificado expedido polo Fedatario público da Admón. no que se explicite o posto de traballo, grupo de pertenza ou equiparación, duración do contrato/nomeamento e tipoloxía xornada. A puntuación da experiencia profesional referida anteriormente está referida a xornada completa, sendo que no suposto de xornada parcial, outorgarase a puntuación proporcional correspondente.

    • Por experiencia profesional  como Enxeñeiro/a técnico industrial grupo A2, na Admón. Pública nas Areas de Obras /servicios: 1 punto por cada 6 meses acumulados ate o máximo de 35 puntos.
    • Por experiencia profesional como Enxeñeiro/a técnico industrial grupo A2, na Admón. Pública noutras Areas distintas ás de adscrición da praza convocada: 1 punto por cada 6 meses acumulados ate o máximo de 25 puntos.
    • Por experiencia profesional como Enxeñeiro/a técnico industrial ou análogo equiparable ao grupo A2, referido ás funcións da praza convocada,  na empresa privada: 0,25 puntos por cada 6 meses acumulados ate o máximo de 15 puntos.

As puntuacións de cada apartado outorgaranse sumando todos os meses de experiencia, divindindo entre 6 e multiplicando pola puntuación correspondente de cada apartado cun máximo de dous decimais.

O Tribunal elaborará unha listaxe das puntuacións outorgadas aos aspirantes nesta Fase de concurso, que se fará pública no taboleiro de edictos e na web municipal, durante un prazo de 3 días hábiles para posibilitar a presentación de alegacións/reclamacións dos/as aspirantes. Transcorrido este prazo, o Tribunal resolverá as posibles alegacións sen que tal incidencia interceda ou suspenda a continuidade do proceso selectivo da fase de oposición.

A puntuación obtida na fase de concurso (máximo 40 puntos = 40% do total do proceso selectivo) de carácter non eliminatorio, non servirá para a superación de ningún exercicio da fase de oposición (máximo 60 puntos = 60 %)

7. Cualificación final e proposta nomeamento

A puntuación final das probas selectivas, aos efectos de ordenación dos opositores na relación de aprobados virá determinada pola suma total das cualificacións obtidas en cada un dos exercicios obrigatorios da fase de oposición maila puntuación obtida na fase de concurso. O Tribunal non poderá declarar que supera o proceso selectivo un número superior de aspirantes que o número de prazas convocadas (unha) pero non obstante, elaborarase unha listaxe de prelación de aspirantes ordenada segundo as cualificacións finais do proceso selectivo para supostos de renuncia, baixa voluntaria e/ou cobertura temporal de vacantes exclusivamente de prazas de análoga natureza .

No suposto de que ningún/ha aspirante supere o proceso selectivo, o Tribunal declarará deserta a convocatoria.

En caso de empate nas cualificacións finais, a orde establecerase atendendo á maior puntuación obtida na fase de oposición, de persistir o empate, prevalecerá o/a aspirante coa maior puntuación no exercicio práctico (suposto práctico) No suposto de persistir o empate, polo/a aspirante coa maior puntuación no primeiro exercicio, e se isto non fora suficiente, e de persistir o empate resolverase pola orde alfabética comezando pola letra “a”.

As cualificacións finais dos aspirantes aprobados serán ordenadas con orde de prelación e publicadas na páxina web do Concello e no taboleiro de edictos. Esta publicación será exposta no taboleiro de edictos e na web municipal (www.arteixo.org) e no prazo de 3 días hábiles seguintes á publicación, poderanse presentar reclamacións ou alegacións as mesmas.

Rematado o prazo de exposición referido, o Tribunal cualificador resolverá as reclamacións/alegacións presentadas elevando a proposta de cualificacións finais e de proposta de nomeamento do/a aspirante que acade a primeira posición, á Alcaldía-Presidencia, que resolverá proposta final de nomeamento.

8. Presentación de documentación e  toma de posesión

 O/a aspirante proposto/a deberá presentar dentro do prazo máximo de 20 días naturais (a contar desde o día seguinte a aquel en que se fixo pública a proposta final de nomeamento), os documentos acreditativos de reunir todos e cada un dos requisitos que se esixen para tomar parte na selección, así como toda a documentación requirida polo Dpto. de Persoal co fin de efectuar o nomeamento como persoal funcionario de carreira desta Administración. Estarán exentos, se tivesen relación anterior con esta Administración local, da xustificación documental, aqueles que o tivesen demostrado para obter o seu anterior nomeamento/contrato.

O/as aspirantes que dentro do prazo sinalado, agás nos casos de forza maior, non presentasen a documentación esixida, non poderán ser nomeados, sen prexuízo da responsabilidade en que houbesen podido incorrer por falsidade dimanante da solicitude para participar no concurso-oposición. Nestes casos nos que non se proceda á toma de posesión sen que exista causa xustificada, entenderase que o/a aspirante renuncia, decaendo en tódolos seus dereitos. Neste suposto, o Alcalde-Presidente formulará proposta de nomeamento a favor do/a seguinte candidato/a segundo a orde de prelación de puntuacións totais do proceso selectivo.

A adscripción ao posto de traballo correspondente á praza convocada, terá carácter definitivo e será preciso a permanencia mínima de dous anos na mesma para poder acceder a outro posto por concurso.

9. Base excepcional: Medidas preventivas COVID-19

Dada a actual situación sanitaria provocada pola pandemia do SARSCOVID-19, o Tribunal seleccionador, a través do/a Presidente deste, queda facultado para a adopción de tódalas medidas preventivas que se consideren apropiadas para maior seguridade no desenvolvemento do proceso selectivo.

Tales medidas aprobadas a través de Instrucións, deberán publicarse no taboleiro de edictos e web municipal xunto co chamamento de aspirantes para realización en modalidade presencial dos exercicios da fase de oposición, sendo de obrigada observancia por parte dos/as aspirantes. No suposto de que algun/ha aspirante se negue á observancia de calquera das medidas que sexan determinadas para a súa propia seguridade e de terceiros  (distanciamento, utilización de mascarilla homologada ou facilitada pola Administración, instrucións sobre entrada/saída á sala de exame ou análogas) o Tribunal queda capacitado para determinalo/a como non presentado, debendo recollelo explicitamente en Acta.

O Tribunal queda competencialmente capacitado para convocar a realización de algún ou varios exercicios  vía telemática, de contar co programa procedente no momento de chamamento  para realización dos exercicios da fase de oposición, debendo publicar tal acordo no taboleiro de edictos e web municipal para xeral coñecemento dos/as aspirantes.

Calquera acordo e/ou instrución derivada desta excepcional situación poderá ser modificada segundo as recomendacións técnico sanitarias do momento concreto, contando o Tribunal co asesoramento do Servicio de Prevención por conta allea e do Comité de seguridade e saúde laboral, de ser preciso.

10. Norma final, lexislación aplicable e réxime recursos

Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven das mesmas, así coma as actuacións do Tribunal, poderán ser impugnadas  polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei de Réxime das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

O Tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que se presentaren e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo canto non estea previsto nestas bases.

A lexislación aplicable ao presente procedemento é a seguinte:

-RDlex 5/2015 , de 30 de outubro do texto refundido do EBEP coas modificacións introducidas polo RDLex 14/2021 de 6 de xullo, de estabilización de emprego na función pública.

−Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública (naquelas disposicións aínda vixentes e que sexan básicas)

−Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

−Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexislativo 781/1986, de 13 de xuño (naquelas disposicións básicas).

- Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia. 

−Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia.

−Texto refundido da Lei de igualdade das mulleres de Galicia.

−Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local coas modificacións introducidas polo RDLex 14/2021 de 6 de xullo, de estabilización de emprego na función pública.

−Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demais disposicións aplicables, coas modificacións introducidas polo RDLex 14/2021 de 6 de xullo, de estabilización de emprego na función pública.

-Lei 53/1984, 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas.

- Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento administrativo Común das Administracións Publicas e Lei 40/2015 de 1 de outubro  de Réxime xurídico do sector público

As presentes bases, así como cantas actos administrativos se deriven delas e da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento administrativo Común das Administracións Publicas e Lei 40/2015 de 1 de outubro  de Réxime xurídico do sector público.

ANEXO I: MODELO INSTANCIA

D/Dona ...................................................................................... con DNI núm: ..................................................

con enderezo...................................................................C.P.................... Localidade........................................

e teléfono de contacto............................................ e e-mail................................................................................

EXPÓN:

Que tendo coñecemento da apertura do prazo de presentación de instancias para PROCESO DE ESTABILIZACIÓN de 1 praza de persoal funcionario de carreira de ENXEÑEIRO/A TÉCNICO INDUSTRIAL DE OBRAS/SERVICIOS, e

Declarando explicitamente cumprir os requisitos establecidos nas Bases reguladoras da convocatoria e, ase mesmo, declarando non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ditos postos e, non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Publicas, nin estar inhabilitado para o desenvolvemento de funcións publicas por sentenza firme.

E efectuando pola presente Declaración responsable da  exactitude e veracidade da  documentación que se aporta xunto á presente:

1- DNI

2- Titulación establecida como requisito de acceso na categoría á que opta

3- Acreditación de coñecemento de lingua galega para exención de realización de proba de galego (CELGA IV ou perfeccionamento ou equivalente)

4.- Autobaremo xunto coa documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais, de conformidade ao Baremo contido nas presentes Bases

5.- Acreditación de discapacidade  de se-lo caso e/ou especificación de medidas de adaptación para realización dos exercicios da fase de oposición.

Por todo o exposto SOLICITA :

Sexa admitida esta Instancia para participar na convocatoria de 1 praza de persoal funcionario de carreira de ENXEÑEIRO/A TÉCNICO INDUSTRIAL DE OBRAS/SERVICIOS do Concello de  Arteixo, correspondente á OEP 2017.

Data, DNI e  Sinatura do/a aspirante:

 

INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS.- De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é o CONCELLO DE ARTEIXO, con dirección PRAZA ALCALDE RAMÓN DOPICO Nº 1-15142 ARTEIXO (A CORUÑA). Os seus datos serán utilizados para o trámites estrictamente necesarios relacionados coa súa solicitude O feito de que non nos facilite parte da información solicitada poderá suponer a imposibilidade de prestarlle o servizo solicitado. Os datos facilitados conservaranse mentres non se solicite a supresión dos mesmos e durante o tempo necesario para dar cumprimento ás obrigacións administrativas derivadas da súa solicitude e, os mesmos poderán ser publicados nas listaxes resolutivas de admitidos, no Boletín Oficial correspondente, taboleiro de edictos municipal e páxina web. Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento. O CONCELLO DE ARTEIXO dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade na dirección PRAZA ALCALDE RAMON DOPICO, Nº 1-15142, ARTEIXO (A CORUÑA), aportando copia do seu DNI.

AO SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARTEIXO

ANEXO II.- TEMARIO

TEMARIO XERAL

        1. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local: Título Preliminar, Título I e II. Disposicións xerais. O municipio
        2. Orzamento municipal. Estrutura de ingresos e gastos. Procedemento de aprobación e modificación
        3. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Título III. Dos actos administrativos
        4. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Título IV. Das disposicións do procedemento administrativo común
        5. Plan municipal de igualdade (a disposición na web municipal www.arteixo.org)
        6. Orzamento municipal: estrutura de ingresos e gastos. Procedemento e órgano de aprobación do orzamento municipal.
        7. Marco legal e principios xerais de protección de datos de carácter persoal na Administración Pública

TEMARIO ESPECÍFICO

        1. Lei 31/1995 de 8 de novembro de Prevención de Riscos Laboráis.
        2. Regulamento dos servizos de prevención (RD 36/1997)
        3. Sistema de xestión de riscos laboráis: modalidades de organización. Integración da prevención na Administración local.
        4. A Avaliación de riscos laborais.
        5. O Plan de Prevención na Administración Local. Colectivos protexidos. As especialidades da Vixiancia da saúde, Ergonomía e psicosocioloxía.
        6. Dereitos e deberes dos empregados públicos en materia preventiva.
        7. As obrigas de prevención de riscos na subcontratación.
        8. A seguridade na construcción. Normativa. A figura do coordinador de seguridade e saúde.
        9. O risco eléctrico. Normas e sinalización de seguridade.
        10. Os EPIs. A seguridade na maquinaria e nos equipos de traballo. Protección individual e protección colectiva.
        11. Deseño dunha instalación de iluminación pública: parámetros básicos, materiais, implantación da instalación.
        12. Eficiencia enerxética no alumeado exterior. RD 1890/2008.
        13. Instalacións de alumeado exterior. ITC-BT-09.
        14. Instrucción 2/2018, de 26 de marzo, sobre instalacións eléctricas temporais de baixa tensión.
        15. Real decreto 235/2013, de 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia energética dos edificios e modificacións introducidas polo Real Decreto 564/2017, de 2 de xuño.
        16. Ordenanza de obras e servizos no dominio público para a implantación de servizos na vía pública: disposicións xerais, planificación e instalación.
        17. Redes de enerxía eléctrica, telecomunicacións, telefonía e gas. Licenzas e execución das obras de canalización.
        18. Servizo de Limpeza viaria. Descripción e organización das operacións de limpeza.
        19. Os residuos sólidos urbanos. Xeración e composición dos residuos. Clasificación por orixe. Principais fraccións ou compoñentes.
        20. Xestión operativa dos residuos sólidos urbanos. Depósito e recollida. Transporte. Tratamento.
        21. Sistemas de información e comunicación aplicados ao control e xestión dos residuos urbanos.Marco normativo da xestión dos residuos de competencia local.
        22. Real Decreto 105/2008, do 1 de febrero, polo que se regula a producción e xestión de residuos de construcción e demolición.
        23. Lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e solos contaminados. Producción, posesión e xestión dos residuos.
        24. Real Decreto 110/2015, de 20 de febrero, sobre residuos de aparatos eléctricos e electrónicos. Recollida dos RAEE.
        25. Plan Municipal de Xestión de Residuos Urbanos do Concello de Arteixo.
        26. Ordenanza Municipal de Xestión de Residuos Domésticos do Concello de Arteixo.
        27. Responsabilidade patrimonial na administración local.
        28. Accesibilidade e supresión das barreiras arquitectónicas. Lei 10/2014, de 3 de decembro.
        29. O regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
        30. O entorno urbano. Categorías do espazo público. Funcións e obxetivos.
        31. Movilidade peatonal. Desprazamentos horizontais e verticais.
        32. O pavimento no ámbito peatonal. Propiedades. Clasificación.
        33. Elementos de urbanización. Pasos e vados peatonais. Vados de vehículos. Prazas de estacionamento. Mobiliario urbano. Clasificación. Aspectos básicos.

ANEXO III: AUTOBAREMO

D./Dª. ..........................................................................................declara pola presente, a veracidade dos méritos alegados no proceso selectivo ao que opta (para autobaremar os seus méritos siga estritamente o establecido nas bases reguladoras e verifique que achega a documentación acreditativa solicitada segundo as mesmas)

A. FORMACIÓN (máximo 5 puntos)

Apartado A.1 (formación directamente relacionada)

Entidade formadora

Título curso

Nº horas lectivas

Puntos

 

 

 

 

 

 

 

 

(Engada tantas liñas como necesite)

Apartado A.2 (outra  formación)

Entidade formadora

Título curso

Nº horas lectivas

Puntos

 

 

 

 

 

 

 

 

(Engada tantas liñas como necesite)

Apartado A.3 (informática)

Entidade formadora

Título curso

Nº horas lectivas

Puntos

 

 

 

 

 

 

 

 

(Engada tantas liñas como necesite)

Apartado A.4 (lingua galega)

Entidade formadora

Titulación (especifique)

Puntos

 

 

 

 

 

 

(Engada tantas liñas como necesite)

PUNTUACIÓN APARTADO A (máximo 5 puntos): ..................... puntos

B.  EXPERIENCIA PROFESIONAL (máximo  35 puntos)

Administración // Empresa

Posto traballo

(Especifique B.1, B.2,B.3)

Datas

inicio e remate

Nº meses

Grupo cotización

Puntos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

( Engada tantas liñas como necesite)

 

PUNTUACIÓN APARTADO B (máximo 35 puntos): ..................... puntos

 

TOTAL CURRICULO AUTOBAREMADO: PUNTUACIÓN A+B (máximo 40 puntos): ................ puntos

 

 

Sinatura do/a aspirante

 

En ......................., o día …...... de.......................... de ................(data/mes/ano)

Asina dixitalmente: Carlos Calvelo Martínez, Alcalde-Presidente

 

 


Justificantes de Publicación: